Como traballamos

PROXECTOS

PROXECTOS GLOBALIZADOS

Os "proxectos", tal e como nós os deseñamos, resultan dunha mestura entre o "método da investigación do medio" e o dos "proxectos de traballo globais". Supoñen a organización dos contidos dende a perspectiva da globalización (con significatividade lóxica e psicolóxica), creando situacións de traballo nas que os rapaces e as rapazas se inicien na aprendizaxe duns procedementos que lles axuden a organizar, comprender e asimilar unha información. Cada proxecto concrétase na elaboración dun dossier ou monografía que require o emprego dunha serie de habilidades e coñecementos procedentes das diferentes áreas.

No deseño dos proxectos desenvolvemos a seguinte

SECUENCIA DE ENSINO-APRENDIZAXE

  • Elección do tema:  Partimos dun tema relacionado co transversal proposto para cada curso e co medio natural e social próximo ó alumnado.

  • Motivación:  Colocamos ós nenos e ás nenas en situacións próximas á súa experiencia vital a fin de espertar o seu interese polas cuestións relacionadas con ela e sobre as que se concretan as distintas preguntas.

  • Instrumentos para á obtención da información:  Están relacionados

    • Coa experiencia directa (visitas, entrevistas, experimentacións...)
    • Con fontes de observación indirecta (artigos, libros, xornais, vídeos...)
    • Con informacións proporcionadas polo profesor-a.
  • Tratamento da información: Os nenos e nenas recollen (en grupos ou individualmente) os datos útiles, clasifican e ordenan esa información, adquiren habilidades para traballar con medios e recursos diferentes.

  • Elaboración do dossier : Coa información obtida vaise elaborando o dossier unhas veces, e outras anótase nos cadernos individuais como soporte básico de estudio e medio para sistematizar o recordo.

  • Avaliación: Realízase por parte do profesor-a unha avaliación formativa ó longo de todo o proceso, afondando na aplicación da información traballada e das conclusións obtidas á situacións diferentes e establecendo relacións e comparacións que permitan a xeneralización e a conceptualización.

  • Expresión e comunicación: Comunícanse os resultados e/ou conclusións ó resto da comunidade través de:

    • Charlas (a otros alumnos-as do Centro),

    • Murais (que se expoñen nas aulas e nos corredores)

    • Montaxes (de diapositivas para pasarlles ó resto dos alumnos e alumnas, de   representacións, de desfiles e xogos ó aire libre...)

    • Xornáis (que se distribúen entre os pais e nais),

    • Dosieres colectivos e individuais,

    • Contos....

Todas as actividades que van conformando os distintos proxectos traballados en cada ciclo intégranse nun proxecto global, a nivel de centro, estructurado ó redor do tema transversal seleccionado en cada curso.

Así deseñamos proxectos de:

 

Powered by Drupal - Design by artinet