Educación vial

EDUCACIÓN VIAL

No curso 98-99 levamos a cabo por primeira vez a experiencia de tomar como eixo globalizador das actividades e bloques temáticos un dos temas transversais. Deste xeito tivemos a oportunidade de incluir os proxectos desenvolvidos nos ciclos nun proxecto común integrando actividades variadas e aunando esforzos. O feito de adicarlle especial atención e traballar só un tema transversal en cada curso non é impedimento para tratar todos os demais, que constitúen o soporte conceptual no que se asenta o ensino dos valores, xa que entre todos eles existe un estreita relación. Así podemos comprobar que o tema transversal seleccionado para ese curso, a "EDUCACIÓN VIAL" se relaciona con todos os demais:

  • Coa EDUCACIÓN PARA O CONSUMO a través da construcción de figuras empregando materiais de desfeito, da estructuración do tempo de ocio, da autorrealización e satisfacción ó comprobar as propias capacidades e tamén a través da crítica publicitaria.
  • En relación á "EDUCACIÓN PARA A PAZ" traballamos o respecto ás normas de convivencia a través da aprendizaxe das normas de circulación, a posta en escena de recursos de axuda, resolución de conflictos e reflexión sobre a agresividade que pode xenerar a situación de conducir.
  • O noso traballo tamén estivo relacionado coa "EDUCACIÓN AMBIENTAL" toda vez que intentamos estudiar o espacio tanto rural como urbán dende unha perspectiva humanizadora; concienciar ós nenos e ás nenas sobre a contaminación química e acústica e implicalos no respecto polo medio ambiente a través do uso dos transportes colectivos.
  • Mediante o estudio das normas de seguridade na circulación e nas viaxes, encamiñado á prevención de accidentes, traballamos tamén a "EDUCACIÓN PARA A SAÚDE". Coinciden tamén cos contidos deste tema o estudio do movemento, a percepción das distancias e o control postural así como a concienciación sobre o control dos ruídos pola súa contribución á saúde mental.
  • Atendemos á "EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS" ó presentar á muller en situacións iguais ás do home nas actividades relacionadas coa educación vial (e no resto das situacións cotiás) a vez que intentamos evitar a existencia de prexuizos e estereotipos, posto que as normas son iguais para todos sen diferencia de xénero.

OBXECTIVOS:

Co traballo deste tema transversal pretendemos :

  • Formar hábitos adecuados do comportamento vial e da educación cidadá

  • Actuar con autonomía nas atividades habituais e nas relacións de grupo, desenvolvendo as posibilidades de tomar iniciativas.

  • Interpretar, expresar e representar feitos, conceptos e procesos do medio socionatural mediante diferentes códigos.

  • Comprender e establecer relacións entre feitos e fenómenos do contorno natural e social

  • Recoñecer nos elementos do medio socionatural os cambios e transformacións relacionados co paso do tempo, indagar algunhas relacións de simultaneidade e sucesión de ditos cambios.

  • Valorar a repercusión de determinadas conductas sobre a saúde e a calidade de vida.

  • Colaborar na planificación  e realización  de actividades  en grupo e aceptar as normas e regras que democráticamente se establezan.

  • Participar de forma constructiva en situacións comunicativas propias da vida escolar, integrando as normas que posibilitan o intercambio nestas situacións.

  • Comprender mensaxes nas que se integren os distintos códigos verbal e non verbal, e analizar as súas características.

ACTUACIÓNS:

As materias deste tema transversal deron unidade, globalidade e vixencia ó resto dos contidos plantexados a nivel curricular para todas as áreas, conectando de forma directa a escola coa vida e o entorno. Polo tanto desenvolveuse ó longo de todo o curso tomando maior ou menor protagonismo en función dos intereses e motivacións dos nenos e nenas e da adecuación ós contidos traballados en cada tema.

As actuacións que fomos levando a cabo tiveron en certa maneira, xa que este foi o primerio proxecto que desenvolvemos, un carácter experimental e supuxeron os nosos primeiros pasos no ámbito da innovación educativa dado que a experiencia resultou moi satisfactoria tanto polo interese que espertou no alumnado coma polos coñecementos que adquiriron en relación cos hábitos necesarios para comportarse como peón, usuario/a dos medios de transporte (públicos e privados) e conductor/a de bicicletas.

De entre as actividades realizadas salientaremos:

  • Actividades de aprendizaxe relativas a:

    • Aceptación das normas que rixen a sociedade
    • Os sinais e códigos de comunicación social
    • Prevención de accidentes
    • A rúa e as profesións relacionadas
    • Os sinais de tráfico
    • Os medios de transporte

Powered by Drupal - Design by artinet