Coidamos a nosa saúde

Fideos con zamburiñas

INGREDIENTES:

1 bolsa de carne de zamburiña conxelada
1 cebola
2 dentes de allo
1/2 pemento vermello
2 tomates pelados, sen pebidas e cortados en dados
Caldo de peixe
Fide
os
1 sobre de azafrán
1 vaso de viño branco
Aceite, sal

 

ELABORACIÓN:

En primeiro lugar facemos un rustrido co allo, a cebola, o pemento e o tomate todo ben picadiño.
Engadimos as zamburiñas e regamos co vaso de viño.

Botamos o sobre de azafrán e deixamos que o alcohol evapore. Entón engadimos os fideos e o caldo quente, en cantidade abondo para que se faga a pasta.
Deixamos facer ata que os fideos estean ao gusto.

Servimos cun pouquiño de perexil espolvoreado.

Marmelada de pementos

Ingredientes (para 2 persoas)

1 lata de 400 gr de pementos de piquillo enteiros
50 ml de auga
200 gr de azucre
80 ml de vinagre de viño tinto

 

Elaboración

Escorremos os pementos e cortámolos moi finos (podes trituralos co batedor). A continuación poñémolos nun cazo xunto co resto de ingredientes e deixámos que se fagan a lume lento, movendo de cando en vez e vixiando que non se queimen, uns 35 minutos.
Cando teñan a textura dunha marmelada gárdanse nun bote.
Están moi ricos sobre unha tosta, con queixo de untar e a marmelada enriba.

Brochetas de verduras

INGREDIENTES

  1 cabaciña   1 cebola    1 bandexa de champiñóns   

  1 bandexa de tomates cherri

  1 pemento vermello    1 pemento verde    Un pouquiño de mostaza   

  Un pouquiño de ourego    Un pouquiño de perixel    1 dente de allo

  Aceite de oliva    Zume de 1/2 limón

 

RECEITA

Partir a cabaciña, os champiñóns, a cebola e os pementos en anacos pequenos para despois poder pinchalos no pau das brochetas. Botarlles por enriba o zume de limón.

Facer un mollo coa mostaza, o ourego, o perixel e o allo machacado. Engadir aceite ata que a mixtura estea líquida.

Macerar as verduras no mollo polo menos durante unha hora.

Pinchar os anacos no pau. O primeiro e o último teñen que ser os pementos.

Meter no forno a 180º durante 20' e servir.

 

Budín de pan e froitas

Pincha na imaxe.

Distribuir contido