Coidamos a nosa saúde

2ª Quedada BTT con comezo e remate do colexio

A partir do 15 de Abril e ata o 15 de Maio, ábrese o prazo de inscrición para participar na 2ª BTT do Carballas en Loureza - Oia a celebrar o día 17 de Maio con saída ás 9:30 horas do colexio e que transcorre por Loureza, rio Carballas, Acevedo, pozas de Loureza, Burgueira, Bonaval, Torroña, A Portela, Xiguente e Refoxos para completar un percorrido de 38 Km de dificultade media.

A inscrición é GRATIS e para maiores de 16 anos capacitados para completar a ruta no tempo previsto. Inclúe coches e motos todo terreo, avituallamentos, duchas e vestiarios, lavado de bicicletas.

Ao finalizar a ruta e por 12 € haberá un xantar para 120 persoas (prazas limitadas por orde de inscrición) co seguinte menú: Sopa ou pinchos, churrasco + crioulos + patacas, bebida, sobremesa, café + chopo e durante toda a mañá tapas e bocatas a prezos populares.

É necesario para participar e reservar praza para o xantar anotarse antes das 20 horas do día 15 de maio en ciclismooiense@gmail.com ou nos telfs. 627 942 057 - Angel, 669 114 998 - Rubén, 666 609 410 - Carlos.

A organización recomenda usar casco e apela á responsabilidade e autosuperación persoal sabendo que cada participante é única e exclusivamente responsable dos seus actos.

+ Información.: http.//:ciclismooiense.hol.es/

Qué pasa co teu corpo se deixas de fumar agora mesmo?

- En 20 minutos a presión arterial volverá á normalidade.

- En 8 horas os niveis de monóxido de carbono (un gas tóxico) no teu torrente sanguíneo reduciranse á metade, e os niveis de osíxeno volverán á normalidade.

- En 48 horas a probabilidade de ter un ataque ao corazón terá diminuído. Toda a nicotina terá abandonado o teu corpo. O teu sentido do gusto e do olfacto volverá a un nivel normal.

- En 72 horas os bronquios relaxaranse, e os teus niveis de enerxía aumentarán.

- En 2 semanas a túa circulación aumentará, e continuará mellorando durante as próximas 10 semanas.

- En 3 a 9 meses tose, arquexos, problemas respiratorios disiparanse e a capacidade pulmonar mellorará nun 10%.

- En 1 ano o risco de sufrir un ataque ao corazón terá diminuído á metade.

- En 5 anos o risco de sufrir un derrame cerebral volve ao dun non fumador.

- En 10 anos o risco de cancro de pulmón volve ser o dun non fumador.

- En 15 anos o risco de ataque ao corazón volve ser o dun non fumador.

Multa por publicidade enganosa

A tentación de confundir publicidade e información real cando estamos diante de anuncios tan eleborados e estudiados como os que nos bombardean desde os medios de comunicación é ás veces demasiado grande, sobre todo se falamos da alimentación, e en especial da dos nosos pequenos e pequenas.

Este tipo de noticias non soen aparecer nos telexornais por iso me parece importante sacar o tema aquí para facernos conscientes da importancia de explicarlle aos rapaces a diferencia e ao mesmo tempo saber o que lles estamos dando.

 

Danone debe pagar multa por exagerar beneficios de Activia y Actimel

http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2010/12/101217_dannon_danone_activia...

O Sabor da Aventura está no Mar

Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe. Cada un deles ten un “superpoder” vencellado a cada unha destas especies: sardiña, xurelo, rodaballo, mexillón, troita, lirio, pescada.

Os Arroases detectaron desde hai un tempo que a outros nenos e nenas non lles gusta moito o peixe, e están dispostos a facer que as cousas cambien. Os seus superpoderes poden ser compartidos por todos eles!

Para iso póñense en contacto cun pescador, Luís, e cunha cociñeira, Dona Mariña.

Coa súa axuda, teñen a importante misión de facer chegar a súa mensaxe a todos.

http://osabordaaventuraestanomar.com/

Distribuir contido