Descubrimos o mundo, Oia, Galicia, España, Europa, O Mundo Enteiro, Mapas Interactivos

Galicia desde o aire

in

 

O "Qumaira" en Refoxos

Sen luz,  sen poder subir as persianas, sen teléfono, sen calefacción e con rachas de vento de 144 Km/h

 

 

 

 

 

A ruta máxica: As marabillas de Oia

Dez miradoiros naturais, nove conxuntos de petroglifos con máis de 4.000 anos de antigüidade -algúns únicos no continente europeo-, dous castros, fentos xigantes, as Sobreiras do Faro -o bosque mediterráneo máis occidental de Europa-, as afamadas pozas de Mougás e dúas fervenzas. Non todos os municipios poden presumir de tantos tesouros naturais e arqueolóxicos no seu territorio.

Se queredes saber máis clicade na imaxe.

Un pouco de historia de Oia

Sentides curiosidade pola historia do noso Concello? Realmente somos o que somos debido a todos os acontecementos que tiveron lugar ao longo cos séculos. Convidámosvos a botarlle unha ollada a esta páxina. Pinchade no escudo.

Museo Exipcio na aula do 3º Ciclo

Estes días desfrutamos na aula do 3º ciclo dun "Minimuseo" con paneis informativos referidos a distintos aspectos da cultura e da vida cotiá no antigo Exipto.

 

 

Cada un dos paneis ten unha cor distinta. As cores representan as ambientacións das distintas "salas".

 

 

Os temas vanse sucedendo segundo pasamos dunha sala a outra: A vida privada, os segredos de beleza, a construcción das pirámides, o eterno Nilo, o proceso de momificación, a avanzadísima mediciña, a educación dos nenos e nenas...

 

Ao prindipio camiñamos polo museo como turistas interesados, fixándonos nos detalles que máis nos chaman a atención e tratando de recordar en que "sala" se atopan. Cando rematamos collemos unha "Ficha de Investigación" e como por arte de maxia convertémonos en estudios@s da cultura exipcia na busca de información.

           

 

Se queredes saber máis sobre Exipto podedes botarlle unha ollada a algún destes libros sobre o tema. É unha recopilación que fixeron no IES As Mariñas de Betanzos e entre eles hai moi boas suxerencias para pedir un agasallo especial este Nadal:

 

Benvida

Aquí estamos por fin!

Somos a comunidade escolar das parroquias de Loureza e Burgueira no concello de Oia e neste mural podedes ver toda a nosa bisbarra.

Na parte superior dereita ainda que se ve moi pequeniño esta o letreiro que indica a dirección cara Baiona e abaixo no centro a do Rosal.

A nosa intención é ir pouquiño a pouco compartindo con tod@s vós as nosas vivencias do día a día no colexio: as tarefas, as saídas culturais, os festivais, as exposicións, as experiencias Voz Natura...

En definitiva todo aquelo que ten un significado especial para nós.

Un

Un saudiño

 

Distribuir contido