Benvida

Aquí estamos por fin!

Somos a comunidade escolar das parroquias de Loureza e Burgueira no concello de Oia e neste mural podedes ver toda a nosa bisbarra.

Na parte superior dereita ainda que se ve moi pequeniño esta o letreiro que indica a dirección cara Baiona e abaixo no centro a do Rosal.

A nosa intención é ir pouquiño a pouco compartindo con tod@s vós as nosas vivencias do día a día no colexio: as tarefas, as saídas culturais, os festivais, as exposicións, as experiencias Voz Natura...

En definitiva todo aquelo que ten un significado especial para nós.

Un

Un saudiño