Ollos de Aula, Recursos Compartidos, Cociñando xunt@s, Plan Alerta Escolar, Colaborando para detectar o maltrato infantil, Lecturas a catro mans, Xunt@s contra o acoso escolar

18O Congreso Convivencia

Estimadas familias:

Queremos compartir con vós o Congreso de coordinadoras e coordinadores de benestar e convivencia que ten lugar hoxe 18 de outubro de 2023 en Santiago de Compostela. 

BORRADOR DO PROGRAMA

 

2M Día mundial contra o acoso escolar

Y tú… ¿De qué lado estás?

 

QUE PODEMOS DICIRLLE A UNHA PERSOA QUE ACOSA

O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Bullying ou o Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar e o bullying mas crianzas e na xente moza a nivel mundial, así como buscar os mecanismos para evitar este mal, que hoxe, converteuse nun terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil. 

Falamos de Acoso Escolar ou Bullying cando se producen situacións, accións e condutas nas que un ou máis alumnos/as insultan, difaman, ameazan, chantaxean, difunden rumores, pegan, rouban, rompen cousas, ignoran ou illan a outros/as de maneira sistemática ou prolongada no tempo. 

Por iso desde Fundación ANAR lanzan estas guías nas que atoparedes información básica para detectar e previr o acoso escolar xa sexades menores de idade, familias ou docentes.

 

 

 

 

 

 

Congreso de Convivencia e Benestar Emocional

 

PROGRAMA

Benestar Emocional e sentido de futuro.

Dr Luis Rojas Marcos.

 

Mesa redonda. Estratexias de prevención do racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia nas aulas.

Eva Vera Ledo. Directora territorial da Fundación Secretariado Xitano de Galicia.

José Manuel Pérez Folgueira. Docente no CEIP Veleiro Docampo (Castro de Rei-Lugo). Membro da Asociación Estatal Ensinantes con xitanos.

 

Axudando a crecer cando cambian os marcos. Procolo Risco Suicida MOMENTO 5:20:00 DO VÍDEO.

Dr. Alexandre García Caballero. Coordinador de Programas de Prevención e Promoción da Saúde Mental no Servicio Galego de Saude- XS Saúde Mental.

 

A Saúde Emocional na adolescencia: Do paradigma da transgresión ó paradigma da depresión

Ricardo Fandiño Pascual. Presidente de ASEIA (Asociación para a Saúde emocional na Infancia e a Adolescencia).

 

Plan de benestar emocional. Boas prácticas

María Victoria Fernández Mosquera. Equipo de Orientación Específico (EOE) de A Coruña.

Marta Barrios Estoa. Equipo de Orientación Específico (EOE) de Lugo.

 

Riscos Emerxentes na Rede: Claves para a súa Comprensión e Resposta Educativa

Rosario del Rey Alamillo. Titular en el Departamento de Psicología Evolutiva y de la Educación de la Facultad de Ciencias de la Educación de la Universidad de Sevilla.

Lectura dixital para centros escolares E-ELBE.2

Queridas familias:

A Consellería pon a disposición dos centros escolares pertencentes ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) unha web na que podedes descargar mediante solicitude de empréstito libros en formato dixital.

Se estades interesadas/os en utilizar este recurso podedes solicitarnos as credenciais de acceso a través de ABALAR ou de correo electrónico.

 

 Pinchade na imaxe para acceder á plataforma

  Instruccións

Día do libro: Comezan a circular as "Mochilas Viaxeiras"

Queridas familias:

Desde o equipo de biblioteca lanzamos a actividade "Mochilas Viaxeiras". Son unha representación dalgúns recursos de diferentes temáticas que tedes á vosa disposición no centro.

Chegarán á casa semanalmente e dentro atoparedes tamén:

  • Unha nota informativa.
  • Unha listaxe do contido cun espazo para poñer as vosas valoracións e observacións.

Trátase de que poidades gozar dos recursos da nosa biblioteca e crear momentos familiares a partir de lecturas compartidas.

Agradecemos a vosa participacion.

Un cordial saúdo. 

Pinchade da imaxe para ver todas as fotos.

Álbum: Curso 21-22 -> Mochilas Viaxeiras
Distribuir contido