Skip to Content

REBORRADIO 

 

2022-2023

PREPARAD@S?

Alumnado de 5º e 6º xa podedes anotarvos para ser axudantes na Tepoteca!

E comeza o Recuncho Fedello!

Tod@s podedes participar. Escribide o voso nome dunha forma artística e pegádeo no mural.

Tepo e Tepa xa teñen moitas ideas para este recuncho tan especial.

    

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Iniciamos o mes da ciencia coa visita dos científicos Amparo e Suso do Museo Científico de Gondomar. Viñeron a ensinarnos ciencia relacionada co noso proxecto deste curso: o cine.

Experimentamos observando as primeiras imaxes en movemento da historia do cine (zoótropo) e as imaxes do futuro (hologramas).

Aprendemos o que son as luces estroboscópicas, xogamos coas sombras de cores e para rematar convertémonos en ciéntificos comprobando cun disco de Newton que a luz branca está formada polas sete cores do arco da vella.

Quen sabe se hai algún futuro científico entre as nenas e nenos de Rebordáns!

Non volo perdades!

Premede na imaxe.

 E no noso recuncho de lectura do corredor, podedes botar un ollo a nosa exposición de libros de ciencia.

 

LECTURAS ÁS ESCURAS

Un ano máis o espírito de Samaín chegou ao cole de Rebordáns.

E as lecturas ás escuras non podían faltar...

Premede na imaxe para ver o vídeo.

FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

O luns 24 de outubro festexamos o Día das Bibliotecas resolvendo uns retos que apareceron no noso cole. E como somos uns fantásticos investigadores, despois dunha gran tarefa, conseguimos superalos todos!

Averiguamos que o tema do noso proxecto de centro para este curso será o cine, e descubrimos que o nome elexido para a biblioteca é a Tepoteca.

Ademais Tepo e Tepa tíñannos unha sorpresa final. Unha vez resoltas todas as probas, apareceron uns cofres. Averiguamos a contrasinal e abrimos o cadeado. No seu interior había entradas para acudir ao cine a Vigo.

Foi unha mañá moi especial e esperamos máis sorpresas!

Estade atent@s!

 

 

 

 

 

 

REBORRADIO - QUINTO DE PRIMARIA ENTREVISTA A LUCÍA, A NOSA AUXILIAR DE CONVERSA.

Aquí tedes a segunda emisión quincenal do programa Reborradio. O alumnado de quinto foi o encargado desta nova entrega.

Agradecemos a Lucía, a nosa auxiliar de conversa, que respostara as nosas preguntas.

Premede e... a escoitar!

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS! RETOS....SUPERADOS!

 

24 DE OUTUBRO... COMEZA A AVENTURA!

Tepo e Tepa xa teñen todo preparado. E vós... estades list@s?

Luns 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, unha xornada cheíña de sorpresas!

PROGRAMA RADIO 6º PRIMARIA

Xa está aquí o primeiro programa de radio do curso!

As nosas alumnas e alumnos de sexto foron os encargados de inauguralo. E fixéronno estupedamente!

Premede na imaxe para escoitalos.

 

MELLOR COMEZO...IMPOSIBLE! FORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Como xa sabedes o centro foi seleccionado pola Consellería de Educación para participar no Proxecto de Polos Creativos. Isto suporá unha mellora nas instalacións do centro e por suposto na dotación de material dixital e tecnolóxico para o alumnado e a súa formación.

 

Dentro do proxecto presentado polo centro, inclúense unha serie de sesións que están destinadas ás familias. O pasado martes celebrouse a primeira.

Contamos cunha primeira parte, na que se falou da aplicación Abalar  e o seu funcionamento. Fou unha charla curta e sinxela onde as familias puideron resolver as súas dúbidas sobre enviar e recibir mensaxes, mirar as notas, xustificar as faltas ou pedir unha titoría.

A segunda parte da formación foi impartida polo asesor de AMTEGA, "Harold" no que nos dou a coñecer o formato de ensino E-Dixgal e o seu funcionamento.

Unha xornada agradable de información, charla e resolución de dúbidas.

CONTINUARÁ...

¡BENVID@s AO CURSO 2022 - 2023!

Comezamos un novo curso e Tepo e Tepa están moi ilusionados. 

Despois destes últimos anos sen poder achegarnos, abrazarnos e con máscaras... por fin poderemos voltar a xogar, investigar e descubrir xunt@s coma faciamos antes.

Este curso na biblioteca, eles terán preparadas novas aventuras para festexalo. 

Estade moi atentos e atentas...

Desexámosvos boas lecturas no cole e na casa!

 

¡Benvid@s ao curso 2022 - 2023!  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut