Skip to Content

REBORRADIO 

 

2022-2023

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DOS BOSQUES

 

Hoxe, no DIA MUNDIAL DOS BOSQUES, quixemos ler un libro da Tepoteca:

 

Este libro móstranos a importancia de plantar árbores para formar bosques, os beneficios que aporta e toda a vida que crece arredor dunha soa árbore.

 

Ao finalizar, o alumnano de primeiro, fixo un pequeno debate sobre o tema e comprometeuse a plantar moitas árbores, tentaremos cumplir ese reto.

Seguimos concienciando sobre ODS !!!


3º DE PRIMARIA PRESENTA: RADIO VIOLETA

Ola familias!

Os nenos e nenas de 3º, no seu programa de Radio Violeta deleitáronnos cunha liña do tempo moi orixinal. Feita con mulleres que loitaron polos dereitos de todas e que, sen dúbida, estivo moi ben acompañada das súas voces e de boa música. Se queredes pasar un bo anaco...premede no PLAY!

 
 

CINEASTAS PIONEIRAS

Ola familias!

Os nenos e nenas de 4º de primaria quixeron aportar o seu grao de area ao Día da Muller e a maiores levaron a cabo unha investigación sobre "Mulleres cineastas" O resultado paga a pena velo. Pinchade no vídeo e a disfrutar do traballo ben feito!

CAPITÁN VERDEMÁN

Os pequechos de 6º de infantil deron cun libro superchulo que Tepo e Tepa tiñan no expositor do corredor, "O CAPITÁN VERDEMAN, SUPERHEROE DA RECICLAXE" resultou ser unha historia moi divertida e interesante onde nos fai ver a importancia da reciclaxe. Traballaron o conto e fixeron un cartel para colocar na entrada do cole.

Aquí temos aos nosos superheroes e superheroínas, moi concienciados de conseguir UN MUNDO MELLOR!!!!

 

 

SUPERESTREO DO VÍDEO PROMO DO COLE!

Ola familias!

Teño o pracer de presentarvos o vídeo onde mostramos o noso colexio. Está feito baixo a visión e o traballo dos nenos e nenas de 5º dentro do Proxecto Polos Creativos. Non podemos estar máis orgullosos do noso alumnado.

Botade unha ollada premendo na imaxe!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

De novo, no CEIP de Rebordáns celebramos esta data internacional , o Día da Muller. Para conmemorala levamos a cabo distintas actividades:

- Estreamos o noso "Paseo da fama" coas nosas mulleres máis importantes.
- Fixemos un mural con referencia ás nosas nais.
- Creamos distintas manualidades relacionadas coa temática.

E para finalizar, Tepo e Tepa presentáronnos no espazo de lectura do corredor, unha interesante exposición de libros, que nos axudan a entender e disfrutar que é iso da igualdade.


 Si queredes ver isto e moito máis, premede na foto para ver o vídeo:

SEMANA DA PRENSA

Foi o luns, 6 de marzo, cando os axudantes da biblioteca de 5º e 6º de primaria, puxéronse mans á obra.

Xa que atopábamonos na Semana da Prensa, decidiron montar o quiosco da Tepoteca.

E aquí tedes o resultado!

Tepo e Tepa están moi emocionados coa acollida. Os nenos e nenas do cole de Rebordáns achegáronse a gozar dos xornais e revistas.

Logo decidiron crear, xunto coas súas familias, novas noticias locas que tamén emitiron na Reborradio.

 

ESTREAMOS EQUIPOS DE RADIO.

Ola familias,

Estreamos equipo de radio novo! Mesa de misturas, micrófonos e auriculares profesionais e un portátil. Grazas ao material aportado polo proxecto Polos Creativos.

Os primeiros en probalo foron os nenos e nenas de 4º de primaria. A verdade é que lle deron un moi bo uso. Xulgade vós mesm@s premendo na imaxe.

P.D. Desculpade a calidade do son, pero as profes aínda estamos aprendendo...;)

OBRADOIROS NO RECUNCHO FEDELLO

O Recuncho Fedello recibiu nos recreos a primeira quenda do alumnado que quixo participar coa súa creatividade neste espazo.

O alumnado de primeiro e segundo deseñou os seus bufos con follas secas, legumes e cores.

Terceiro e cuarto creou debuxos con figuras xeométricas como protagonistas.

Quinto e sexto formaron circuítos de tubos e crearon o maior número de palabras con letras ao azar da man do Cross Dices.

Continuará...

 

LECTURA E FAMILIAS

Ola familias!

Esperamos as vosas visitas para compartir un rato de boa lectura na aula dos vosos fill@s ou net@s.

Distribuir contido


by Dr. Radut