Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

LAUDA SEPULCRAL DE REBORDÁNS

No museo de Pontevedra podemos comtemplar unha lauda pétrea, atopada en Rebordáns e que  pertencente ao tipo denominado de estola, así chamado por compoñer ese esquema ou figura o baquetón que marca as aristas das catro vertentes da tapa. A súa presenza é moi frecuente nas necrópolis altomedievais da antiga Gallaecia.

 

Lauda sepulcral de Modesa

Granito. Séculos V-VI

San Bartolomé de Rebordáns. Museo de Pontevedra

" HIC REQUIESCIT MODESA"

" AQUÍ DESCANSA MODESA"

 

 

Correlingua 2018

Co lema "  A LINGUA NON PARA" , o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP, participaremos no Correlingua que se celebrará en Tomiño o xoves 10 de maio.

 

Charla 21 de marzo

A PRIMEIRA CAMELIA.

Hoxe atopámonos coa primeira flor do camelio co que nos agasallaron por participar no concurso de debuxo da III Mostra da Camelia Cidade de Tui.

Perfecta e fermosa. Benvida ao noso cole!

MEDRAR EN IGUALDADE.

Co gallo do Día Internacional da Muller realizamos un mural no que escribimos unha fermosa frase. Así é como o sentimos no noso colexio "QUEREMOS MEDRAR EN IGUALDADE".

   

#Abride a fiestra

Traballo realizado por todo o alumnado do centro co motivo da celebración do "Día de Rosalía".

UN GALOP ACUARELADO.

    Como vedes, xa temos listos os salvamanteis da clase de 4º E.P.!!

    Empregamos pinturas acuarelables, que non son outra cousa que lapis de madeira cuxa pintura é acuarela. Coloreamos e logo pasámoslle un pincel con auga, todo un invento!

    A música é un GALOP, que é música rápida, dinámica, que imita o galope dos cabalos.

    Este en concreto é o GALOP final da Obertura da ópera "Guillermo Tell" do compositor G. ROSSINI. É doado imaxinar aos cabalos a todo correr co ritmo desta música!

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

GAÑADORES!

    Parabéns a Duarte e a Nico de 2º E.P. !!

    Foron dous dos gañadores do Concurso de debuxo da III Mostra da Camelia Cidade de Tui 2018. 

Alumnado premiado na III Mostra da Camelia cidade de Tui, 2018

SALVAMANTEIS CON PUNTILLISMO EN PRIMEIRO.

    Xa rematamos os salvamanteis da aula de Plástica! Desta maneira poderemos traballar cómodamente sen estragar os manteis novos.

    Falamos da importancia dos puntos e das cores na asignatura de Plástica e... este é o resultado: Flores e flores con puntillismo!

 

 

 

SALVAMANTEIS CON PUNTILLISMO EN SEGUNDO.

Xa rematamos os salvamanteis da aula de Plástica! Desta maneira poderemos traballar cómodamente sen estragar os manteis novos.

Falamos da importancia dos puntos e das cores na asignatura de Plástica e... este é o resultado: Flores e flores con puntillismo!

       

O teu navegador non soporta este vídeo.

 



by Dr. Radut