Infantil 5 anos

DESPOIS DE SECAR... A DEBUXAR

Xa deixamos que secara o papel reciclado e decidimos facer uns debuxos nel. Este é o resultado. A que nos quedou moi bonito?

FACEMOS PAPEL!!!

Parece mentira que a partir duns anacos de papel metidos en auga e despois triturados consigamos facer papel no que podemos escribir, dibuxar.../span>Moitas grazas á porfe Feli que nos ensinou a facer papel reciclado. Xa nos ensinara cando eramos máis pequenos e só nos lembrábamos de certas cousas. Agora que xa somos un pouco máis grandes e prestamos máis atención recordaremos con máis facilidade todo o proceso que é moi sinxelo.

Recordade:

  • Primeiro temos que facer anacos de papel e metelos en auga durante polo menos un ou dos días.
  • Segundo, triturar coa batidora esa mezcla e xa está lista para facer o papel.
  • Terceiro, temos que deixar secar o papel no periódico durante uns días e xa está listo para utilizar.

No vídeo podedes ver como o fixemos. A que é moi fácil!!!!

A NOSA PRIMAVERA




A primavera está en todo o seu explendor, os campos están cheos de flores, e no noso cole tamén, estos días apareceron polo corredor un grupo de flores. Aquí tedes o proceso que realizamos para conquerir un campo tan florido.

A NOSA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Aínda que con un pouco de retraso, xa que tivemos que esperar aos de 5º e 6º que ían de excursión a Cantabria, celebramos na biblioteca a conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.Nós preparamos esta poesía sobre o cuco que escribiu Uxío Novoneyra.


CANTA O CUCO, CALA E CANTA
DOS CASTIÑEIROS DO VAL.
PASA O TEMPO E NON DI NADA
E VOLTA O CUCO A CANTAR.


Aquí tedes a nosa actuación, a pena que só eramos catro pero nos saiu moi ben.


LETRAS GALEGAS 2010




O día das Letras Galegas adícase ao escritor Uxío Novoneyra. Nós no cole, como cada ano, elaboramos entre todos os nenos e nenas de Educación Infantil a súa biografía. Esta é unha maneira divertida de coñecer a vida e obra do autor a quen se lle adica este día tan importante para a nosa lingua.
Aquí tedes o resultado.

Distribuir contido