FACEMOS PAPEL!!!

Parece mentira que a partir duns anacos de papel metidos en auga e despois triturados consigamos facer papel no que podemos escribir, dibuxar.../span>Moitas grazas á porfe Feli que nos ensinou a facer papel reciclado. Xa nos ensinara cando eramos máis pequenos e só nos lembrábamos de certas cousas. Agora que xa somos un pouco máis grandes e prestamos máis atención recordaremos con máis facilidade todo o proceso que é moi sinxelo.

Recordade:

  • Primeiro temos que facer anacos de papel e metelos en auga durante polo menos un ou dos días.
  • Segundo, triturar coa batidora esa mezcla e xa está lista para facer o papel.
  • Terceiro, temos que deixar secar o papel no periódico durante uns días e xa está listo para utilizar.

No vídeo podedes ver como o fixemos. A que é moi fácil!!!!