Biblioteca

Despedida do curso


Unha última carta e as últimas recomendacións de Chispa deron peche a este curso. Esperamos que disfrutedes dun marabilloso verán cheo de momentos de lecer na compaña de bos libros. Vémonos en setembro coas pilas cargadas.
Deixámosvos un vídeo que seguramente vos gustará. Vén das mans do noso compañeiro Antonio Martínez: "Biblioafonso": Biblioteca "O bosque animado". IES Afonso X O Sabio (Cambre)

Día do Medioambiente 2010


A semana pasada estivemos a facer papel reciclado e esta semana seguiremos a traballar para que a conciencia nos recorde a importancia de coidar o noso entorno, de mimalo e respectalo para entregarllelo aos nosos fillos e fillas, e netos e netas máis fermoso e máis san do que agora está.


A Biblioteca tamén aportou o seu gran de area coa exposición de libros sobre a natureza: animais, plantas, zonas castigadas do planeta...
Aquí vos deixamos as fotos,
e o luns... a seguir traballando...

Poesía e Imaxe 2010

X Certame de Poesía e Imaxe, e parece que empezamos onte. Estas son as fotos dos seleccionados no noso colexio. De menor a maior: Anxo Grandal Lama, de 5º de Infantil; Ernesto Casero Jara, de 2º de Primaria; e Laura, Sanjurjo López de 5º. Os seus son uns traballos preciosos que moi axiña poderemos ver no noso cole, na exposición itinerante que nos visita cada curso. Tedes máis información no blog ENDL e o resto das fotos.
Noraboa a estes pequenos grandes participantes e gañadores. Agora hai que continuar traballando e facendo cousas así de bonitas.
Moitos bicos aos tres da vosa amiga Chispa.

Chis-chis, Plof-plof

Exposición sobre Juan Farias en Ferrol

Como ben sabedes, o 22 de abril participamos en moitas das actividades promovidas polo concello para celebrar o "Día do Libro". Este ano estivo adicado a un escritor que naceu aquí, moi perto do noso colexio, en Serantes, cando este era un concello independente: Juan Farias. Nós temos unha especial teima este curso, que é coñecelo todo o que poidamos. Buscamos información sobre el e a súa obra; recordemos que Juan Farias foi o gañador do I Premio Iberoamericano de Literatura Infantil y Juvenil Ediciones SM, no ano 2005. Lemos algúns dos seus libros... escribiu tantos...! Ilustramos os seus textos... Aos títulos que levabamos lido houbo que engadir algún máis; con todos disfrutamos durante algún tempo, poñamos que algo máis de dous meses; e seguimos:

Desde o corazón da mazá
O tolo da ría

Bandido

Cando Arturo escapou da casa

Galego á beira do mar

Agúns nenos, tres cans e máis cousas

Los apuros de un dibujante de historietas

e Á sombra do mestre e Os nenos numerados,

que só leron algúns.

Todas elas son narracións para esmiuzar pouco a pouco cos nosos nenos e nenas, porque cada liña é profunda como a vida mesma, e ten tamén o seu peso. Hai tenrura, soños e realidade nos seus libros, e unha máxica unión con Galicia.
Pois ben, o día que fixemos estas visitas chegamos a quedar sen batería na nosa cámara, así que non puidemos facer ningunha foto máis. Estas que vos amosamos aquí envióunolas Mangi, un fotógrafo de recoñecido prestixio na nosa cidade, que estaba a facer a reportaxe da Feira do Libro. Agradecémoslle desde aquí a súa xenerosidade.

Facendo Portadas "Superamos barreras cada día"




Para poderdes localizar o voso traballo no mosaico necesitades recordar a categoría na que participastes e o código postal do noso centro. No voso caso é categoría B para 5º e 6º.





Un gran mosaico formado por perto de sesenta e dous mil traballos pódese ver na páxina de Superamos las barreras - ONCE. Despois da lectura de cinco fermosos contos de Care Santos, José Ángel Mañas, Fernando Marías, Jordi Serra i Fabra e Blanca Álvarez sobre a discapacidade, agrupáronse para imaxinar e ilustrar o que sería a portada dese relato.

Distribuir contido