Eventos
Mar | ||
---|---|---|
Start: 08/02/2011 10:00
End: 08/02/2011 11:15
O vindeiro martes 8 de febreiro ás 10:00h os rapaces e rapazas de 2º e 3º ciclo asistirán a unha representación de Ópera no Teatro Jofre, que leva por título "O Humor na Ópera".
Neste espectáculo elíxense as partes máis espectaculares de cada obra na súa máis alta calidade musical e vocal pero engadíndolles sorpresas interpretativas que conseguen achegarlles aos nenos e nenas a idea de cada compositor. Unha representación moi áxil, amena e divertida, á vez que ortodoxa nas formas clásicas da ópera que nunca se deben de abandonar.
![]() ![]() Onte fomos ao Teatro Jofre a ver, tal e como tiñamos anunciado, un espectáculo sobre o humor na ópera. Unha selección de catro pezas que se correspondían con outras tantas óperas. Non interpretaron a tan esperada "La flauta mágica", de Mozart, pero si puidemos ver outras tres: "Así hacen todas" de Morzart, "El barbero de Sevilla" de Rossini e "El elixir de amor" de Donizetti.
Na Biblioteca e nas aulas traballamos co libro "ÓPERA". Se non o coñecedes, recomendámovolo. É un fermoso libro na que están recollidas as máis importantes óperas de todos os tempos e os seus autores. Está belamente ilustrado por Ericka Martínes; e os textos son de Juan Arturo Brennan. Editorial Castillo, na súa colección El Armadillo Tamén podedes disfrutar dun pequeno vídeo da recente representación en Ourense de "El Humor en la Opera" - Camerata Lírica de España. Fonte: tempodelecer |
