O Humor na Ópera

08/02/2011 10:00
08/02/2011 11:15
Etc/GMT

  O vindeiro martes 8 de febreiro ás 10:00h os rapaces e rapazas de 2º e 3º ciclo asistirán a unha representación de Ópera no Teatro Jofre, que leva por título "O Humor na Ópera".


   O Humor na Ópera consta de catro das máis coñecidas e representadas óperas buffas da historia da música: A frauta máxica, Así fan todas, El barbero de Sevilla e O elixir do amor.


   Neste espectáculo elíxense as partes máis espectaculares de cada obra na súa máis alta calidade musical e vocal pero engadíndolles sorpresas interpretativas que conseguen achegarlles aos nenos e nenas a idea de cada compositor.


   Unha representación moi áxil, amena e divertida, á vez que ortodoxa nas formas clásicas da ópera que nunca se deben de abandonar.


 


 





Onte fomos ao Teatro Jofre a ver, tal e como tiñamos anunciado, un espectáculo sobre o humor na ópera. Unha selección de catro pezas que se correspondían con outras tantas óperas. Non interpretaron a tan esperada "La flauta mágica", de Mozart, pero si puidemos ver outras tres: "Así hacen todas" de Morzart, "El barbero de Sevilla" de Rossini e "El elixir de amor" de Donizetti.
Na Biblioteca e nas aulas traballamos co libro "ÓPERA". Se non o coñecedes, recomendámovolo. É un fermoso libro na que están recollidas as máis importantes óperas de todos os tempos e os seus autores. Está belamente ilustrado por
Ericka Martínes; e os textos son de Juan Arturo Brennan. Editorial Castillo, na súa colección El Armadillo

Tamén podedes disfrutar dun pequeno vídeo da recente representación en Ourense de "El Humor en la Opera" - Camerata Lírica de España. Fonte: tempodelecer