Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Start: 28/01/2011 12:15
End: 28/01/2011 13:55
Este venres para celebrar o Día da Paz e a Non Violencia temos preparada unha actividade moi especial. Organizamos unha caza do tesouro que mobilizará a todo o cole. Todos xuntos, nenos e profes teremos uns mandados moi particulares que facer se queremos conseguir o premio final... pero para logralo teremos que traballar todos xuntos!!! Todos somos importantes!!! Formamos un gran EQUIPO!!!
E por fin chegou a hora de A CAZA DO TESOURO. Todos os nenos e nenas meturados en dez grupos recorreron cinco postos repartidos polo cole para superar cinco probas, e conseguir cinco pezas dun puzzle, que se correspondía coas portadas de dez libros da PAZ que temos na Biblio. A intriga continúa e ata o luns non saberemos que sorpresa garda o tesouro; para iso aínda deben localizar os libros nos andeis da Biblioteca, coller a chave agochada dentro deles e localizar o cofre. Pffff! Canto camiño queda aínda... Ata o luns!
|