Día da Paz 2011

28/01/2011 12:15
28/01/2011 13:55
Etc/GMT

     Este venres para celebrar o Día da Paz e a Non Violencia temos preparada unha actividade moi especial.


     Organizamos unha caza do tesouro que mobilizará a todo o cole. Todos xuntos, nenos e profes teremos uns mandados moi particulares que facer se queremos conseguir o premio final... pero para logralo teremos que traballar todos xuntos!!!


     Todos somos importantes!!! Formamos un gran EQUIPO!!!



Adicamos gran parte da mañá do venres a celebrar o Día da Paz.
A primeira actividade consisitíu na lectura do novo Libro colectivo da Paz, no que traballamos ao longo destes últimos días. Por fin chegou o momento de que todos puidesemos ver o que fixeron os compañeiros e compañeiras dos outros cursos, incluíndo as especialidades, como podedes ver na portada do libro: PAZ EN PAZos.
Despois, como era de esperar, chegou a maleta de Chispa cunha carta, máis libros e as intrucións dunha Caza do Tesouro que tivo lugar despois do recreo e que continuaremos o luns.

E por fin chegou a hora de A CAZA DO TESOURO. Todos os nenos e nenas meturados en dez grupos recorreron cinco postos repartidos polo cole para superar cinco probas, e conseguir cinco pezas dun puzzle, que se correspondía coas portadas de dez libros da PAZ que temos na Biblio. A intriga continúa e ata o luns non saberemos que sorpresa garda o tesouro; para iso aínda deben localizar os libros nos andeis da Biblioteca, coller a chave agochada dentro deles e localizar o cofre. Pffff! Canto camiño queda aínda...

Ata o luns!