Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

UNHA INTRUSA NO CRUCEIRO DE CANIDO…

Algo estraño aconteceu hoxe na nosa escola... Cando chegamos pola mañá, o chan, as portas, as paredes... estaban cheas de moreas de pegadas de pés e mans. 
 
Quen visitou durante a fin de semana o Cruceiro de Canido?
 
Nas aulas deixou un agasallo para cada grupo: unhas caixas viaxeiras con contos e libros, procedentes da nosa biblioteca, o lugar que máis lle gustou da escola. 
Para explicalo, incluíu nesas caixas, un código QR cun vídeo, unhas caixas de suxestións e varios retos para o noso alumnado.
 
Mirade o vídeo para saber un pouco máis deste suceso tan estraño.
Tamén vos deixamos unhas fotos do acontecido hoxe pola mañá.
 
     
 
 
 
Aproveitando que, mañá 24 de outubro, será o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, quixemos dar comezo coas propostas de actividades que sairán do equipo de biblioteca. 
Unha pequena motivación para o noso alumnado e así dar renda solta á súa imaxinación, interese e goce pola lectura.
 
Seguiremos informando...
O equipo de biblioteca.

Merendas Terroríficas

Menús Outubro 2023

Horario de entradas e saídas

Inscripción ANPA 2023/2024

Para ser socio da ANPA neste novo curso 23/24 só debedes facer unha transferencia ao SABADELL ES8000812204480001309332 poñendo no concepto "ANPA 23/24 Nome completo da nai ou pai.

Os novos socios debedes mandar ademais un email a anpa.cruceirodecanido@gmail.com cubrindo o formulario de inscripción.

Reunión inicio de curso coas familias

MENÚS SETEMBRO 2023

Calendario escolar 23/24

Periodo de Adaptación 3 anos. Curso 2023/24

O periodo de adaptación do alumnado de 3 anos levarase a cabo durante as dúas primeiras semanas do curso (do 11 ao 22 de setembro). 

A continuación adxúntase o cadro explicativo:

* As listaxes dos grupos estarán expostas no noso cole.

Distribuir contido