Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Secretaría

Fondo Solidario de Libros

 Fondo solidario de Libros de Texto e Axudas para o libros de texto e material Escolar

 

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros

de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial

en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

(DOG nº 96, do 20 de maio).

 

Alumnado ao que vai dirixido                                                                                                                                                         

 No que atinxe ao noso centro, o procedemento administrativo ED330B comprende:

a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de Primaria. Nestes cursos manteranse os libros de texto do curso escolar 2023/24.

 

b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado ma­triculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda da orde.

c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria.

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Presentación de solicitudes                                                                                                                                                              

- Preferiblemente, por vía electrónica, empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluído o sistema de usuario e Chave 365.

- Opcionalmente, de xeito presencial no centro (de 09:30 a 13:30 horas) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As solicitudes están dispoñibles en:

 

Prazo de presentación                                                                                                                                                             

 Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño (ambos incluidos).

 

Documentación complementaria                                                                                                                                              

Xunto á solicitude Anexo I (ED330B) deberá achegarse:

  • anexo II debidamente asinado
  • copia do libro de familia
  • sentencia ou convenio regulador, en caso de separación ou divorcio
  • documentación acreditativa das circunstancias persoais, no caso de non asinar as autorizacións para consulta de datos

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar en 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica, e nos casos de falecemento dalgunha das persoas proxenitoras.

 

Contía das axudas                                                                                                                                                                             

Fondo solidario:

  • 6 libros: familia con menos de 6.000 € renda per cápita
  • 4 libros: familia entre 6.000 e 10.000 € renda per cápita

 Axudas para adquirir libros de texto:

  • 240 €: familia con menos de 6.000 € renda per cápita
  • 160 €: familia entre 6.000 e 10.000 € renda per cápita

 Axudas para material escolar:

  • 75 €: familia con menos de 6.000 € renda per cápita
  •  60 €: familias entre 6.000 e 10.000 € renda per cápita

 

Calendario escolar 23/24

Entrega libros Fondo de libros

O luns día 4 de setembro repartiremos os libros correspondentes ao fondo de libros no seguinte horario:

3º: de 11 h. a 12 h.

4º: de 12 h. a 14 h.                                                                                                           

Deben vir recollelos as persoas solicitantes do fondo de libros ou persoas autorizadas con au

torización escrita e copia do DNI do solicitante.

3º ciclo: Aviso importante

Queridas familias:

Antes de nada as titoras de 5º e 6º queremos desculparnos polo erro xurdido cos cadernos. Se alguén tivo algún problema e non puido solucionalo pode poñerse en contacto co centro.

Achegamos nome e ISBN dos cadernos de :

- Lengua: Cuaderno "Construyendo mundos". 978-84-144-0405-8. Año 2023, Santillana.

- Lingua: Cuaderno "Saber facer contigo". 978-84-9185-231-5. Ano 2020, Obradoiro.

Achegamos nome e ISBN dos cadernos de :

- Lengua: Cuaderno "Construyendo mundos". 978-84-144-0402-7. Año 2023, Santillana.

- Lingua: Cuaderno "Saber facer contigo". 978-84-9185-361-9. Ano 2021, Obradoiro.

 

 

 

Entrega do material

Listaxes libros e material escolar 23/24


 

LISTAXES ACTUALIZADAS

Listaxes libros e material 23/24

Matrícula 24/25

07.06.2023

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2024-2025

O período para formalizar a matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos (información no teléfono 881 930 313).

Os impresos de solicitude pódense recoller en secretaría ou descargar nos enlaces que figuran na listaxe de documentación sinalada a continuación.

Documentación que se solicita para formalizar a matrícula:

  • Documento de formalización de matrícula cuberto e asinado. Anexo III-1.
  • Fotocopia da folla do Libro de Familia na que figure inscrito o/a alumno/a.
  • Fotocopia do Libro de Familia Numerosa, se é o caso.
  • Fotocopia da tarxeta do SERGAS ou equivalente.
  • Certificado Médico no que conste que ten todas as vacinas e non padece enfermidade infectocontaxiosa (non é necesario que sexa en impreso oficial).
  • Certificación académica do centro no que o/a alumno/a estivo matriculado no curso 2022/2023 (para o alumnado de Educación Primaria).
  • Certificado de discapacidade, se é o caso.
  • Cubrir o impreso de autorización da publicación da imaxe por parte do centro.
  • Escoller relixión ou alternativa no impreso correspondente.
  • Cubrir o impreso de inscrición no Programa de Alerta Escolar, se é o caso.
  • Dúas fotos tamaño carné co nome ao dorso.

Con toda a documentación deben de traer os seus orixinais e copias.

As persoas que soliciten o servizo de comedor deben descargar a app ColeChef (código do centro: ESKRL0MB84).

 

Información Fondo Solidario

PREMEDE NA IMAXE PARA AMPLIALA

 

Graduación 6ºEP e Festa fin de curso

 

 

02.06.2023

O vindeiro martes 13 de xuño ás 16:00h celebrarase o acto de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria e, a continuación, a partir das 17:30h gozaremos todos/as xuntos/as da festa de fin de curso organizada polo centro e a ANPA.

Distribuir contido