Orientación
Convocatoria axudas para aneae 23/24
Enviado por mvpineiro o Mér, 26/04/2023 - 13:4726.04.2023
Convocatoria de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24
Hoxe publicouse no BOE a Resolución pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 8 de maio de 2023 ata o 20 de setembro de 2023, ambos incluidos.
As solicitudes poderán cubrirse desde a Sede Electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na seguinte ligazón: https://sede.educacion.gob.es/portada.html
Na Resolución está indicado:
- Tipo de axudas a percibir.
- Alumnado destinatario.
- Compoñentes das axudas nas distintas etapas.
Lembrade que as familias interesadas podedes solicitar cita co Departamento de Orientación do centro para resolver calquera dúbida con respecto á tramitación das becas, documentación precisa ou calquera outra circunstancia relacionada.