Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Infantil

Os nenos e nenas de Infantil coñecen as Galiñas de Mos

Onte a Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos tróuxonos ovos das súas galiñas e explicáronnos todo o proceso da incubación e o nacemento.

Agora están nunha incubadora no ambiente de ciencias de Educación Infantil e dentro de aproximadamente 21 días, o alumnado poderá observar como nacen.

Estamos desexando ver como avanza a situación.

Período de adaptación (3 anos)

*As listaxes cos grupos e horarios publicaranse no mes de setembro

Mensaxe ás novas familias de Infantil

                                           

Dende o equipo de infantil queremos dar al GRAZAS a todas as familias e nenos e nenas que nos acompañaron nos recreos ao longo desta semana. Foi un auténtico pracer compartir xogos e momentos xuntos/as. Agora, só toca agardar a setembro e, como recollemos nas flores... "de súpeto é hora de comezar e confiar na maxia".

Benvidos/as ao Cruceiro!

Instalación sensorial Reciclaxe

11.06.2023

                      

 PREMEDE NOS LOGOS PARA VER O ANTES E O DESPOIS

Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), todo o alumnado de infantil gozou dunha instalación de xogo libre con matrerial reciclado: caixas de cartón, tubos, chapas, tapóns, cortizas, teas, CDs, láminas de cartón, pinzas, xornais, papel triturado...

O material colocouse dun xeito estratéxico: pendurado do teito, botes e caixas cheas, torres de papel, rolos que simulaban catalexos, gorros e barcos de papel, cartón en forma de casiñas...

Así, de maneira libre foron explorando cada unha das "estacóns" propostas, cambiando de zona, de xogo, de material, de compañeiros/as de aventuras...

Un xeito máis de experimentación sensorial, de fomento da imaxinación, da creatividade, das interaccións sociais entre as diferentes idades... pero, sobre todo, de concienciación e da importancia que teñen as "3R": Reducir, Reciclar e Reutilizar e que tanto estiveron a traballar ao longo de todo o curso.

Como inspiración, tiveron o conto "NON É UNHA CAIXA", lido previamente nas clases con cada grupo.

 

Obradoiro sensorial

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á MONTAXE

Non vos perdades esta montaxe audiovisual coa experiencia vivida polo alumnado de Infantil noutro dos seus obradoiros sensoriais. A gozar coa chegada da privamera!

Grazas Rebeca!

 PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á MENSAXE

01.04.2023

Damos por finalizado un mes intenso dedicado ás mulleres de Ferroltera. O xoves pasado publicabamos o podcast nas Ondas do Cruceiro e, xa para rematar, deixámosvos aquí o agradecemento dos nenos e nenas de Educación Infantil a Rebeca Atencia.

Parabéns a todos/as os/as que participastes neste gran proxecto, profesorado, alumnado... e infinitas grazas a estas grandes mulleres da nosa comarca polo voso achegamento e por aprendernos que non debemos deixar de soñar.

Distribuir contido