Os nenos e nenas de Infantil coñecen as Galiñas de Mos
Enviado por Anónimo o Xov, 18/01/2024 - 17:11
Onte a Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos tróuxonos ovos das súas galiñas e explicáronnos todo o proceso da incubación e o nacemento.
Agora están nunha incubadora no ambiente de ciencias de Educación Infantil e dentro de aproximadamente 21 días, o alumnado poderá observar como nacen.
Estamos desexando ver como avanza a situación.