Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Actividades complementarias e extraescolares

Día Mundial do Medio Ambiente

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS

19.06.2023

Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente e dentro do abano de actividades desenvolvidas no marco do noso proxecto de centro "Coñece Ferrol", o pasado mércores 14 de xuño saíron en misión especial os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 5º de Educación Primaria.

Ataviados con bolsas para o lixo e luvas, dispuxéronse a recoller e deixar libre de plásticos a praia de Doniños, un dos areais máis visitados por todos os ferroláns e ferrolás.

No mesmo areal, todos recibiron unha formación previa da man da bióloga da Asociación RetoqueRetro, Isa García, en torno a tres eixes: a procedencia dos residuos que chegan ao mar, a importancia de non contaminalo e as medidas que podemos tomar para coidar deste espazo. Esta asociación ten como obxectivo a reciclaxe con fines artísticos e concienciativos, defendendo a arte e o medio mariño.

Hoxe era a quenda para o resto de grupos do Cruceiro, pero o tempo non permitiu a expedición ata o areal, porén a Asociación RetoqueRetro achegouse ata o cole para compartir con todos/as os seus coñecementos sobre a arte, a reciclaxe e o mundo mariño.

Educación Vial

21.05.2023

O pasado xoves 18, o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria participou nunha xornada de Educación Vial no cole da man da Policía Local de Ferrol. A pista de baloncesto converteuse nun circuito no que todos os nosos condutores/as tiñan que ter moito tino e respectar todos os sinais de tráfico. Premede no kart e accederedes á galería de fotos!

Visita do Baxi

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS

22.03.2023

Continuando co noso proxecto polo mes do Día Internacional da Muller, hoxe tivemos o privilexio de recibir no Cruceiro a tres xogadoras do Baxi Ferrol: Ángela, Claudia e Marta. Nesta ocasión, foron entrevistadas polos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria e atrevéronse logo a xogar un partido cos maiores do cole. En breve teremos o podcast polas Ondas do Cruceiro!

Queremos darvos as grazas por facernos un oco nesta semana tan intensa para vós, na que vos xogaredes o ascenso matemático á Liga Feminina Endesa. 

Temos unha cita o próximo sábado 25, ás 17h, no pavillón da Malata. Estamos con vós!

Visita de Chelo Loureiro

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á MONTAXE AUDIOVISUAL

19.03.2023

O pasado venres 17 de marzo, dentro das actividades relacionadas co mes do Día Internacional da Muller, tivemos o privilexio de recibir no Cruceiro á amplamente galardonada Chelo Loureiro. É dificil expresar con palabras toda a emoción que sentimos compartindo con ela este momento tan especial. Aquí vos deixamos, nesta pequena montaxe audiviosual, un resumo deste emotivo encontro no que aprendemos que nunca debemos deixar de soñar... Grazas Chelo!

*Tedes todas as fotos da montaxe audiovisual subidas á Galería   

Proximamente nas Ondas do Cruceiro...

02.03.2023

Día da Paz

05.02.2023

O pasado luns, día 30 de xaneiro, festexamos o Día da Paz. Nesta ocasión, quixemos traballar a importancia de ALENTAR. Alentar como xeito de valorar o esforzo dos demais e reforzar nas persoas a autoconfianza e a autosuficiencia. Cando alentamos a alguén, axudámoslle a sentirse valioso/a. Todos, alumnado e mestres, dedicámoslle aos nosos compañeiros e compañeiras palabras de alento que quedaron gravadas a través de corazóns e pétalos de flores.

Finalizamos a conmemoración, xuntos no patio exterior, escoitando a interpretación do Himno da Alegría e cantando e bailando ao son de A Música das Baleas: "A peor xogada".

Distribuir contido