Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Día Mundial do Medio Ambiente

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS

19.06.2023

Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente e dentro do abano de actividades desenvolvidas no marco do noso proxecto de centro "Coñece Ferrol", o pasado mércores 14 de xuño saíron en misión especial os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 5º de Educación Primaria.

Ataviados con bolsas para o lixo e luvas, dispuxéronse a recoller e deixar libre de plásticos a praia de Doniños, un dos areais máis visitados por todos os ferroláns e ferrolás.

No mesmo areal, todos recibiron unha formación previa da man da bióloga da Asociación RetoqueRetro, Isa García, en torno a tres eixes: a procedencia dos residuos que chegan ao mar, a importancia de non contaminalo e as medidas que podemos tomar para coidar deste espazo. Esta asociación ten como obxectivo a reciclaxe con fines artísticos e concienciativos, defendendo a arte e o medio mariño.

Hoxe era a quenda para o resto de grupos do Cruceiro, pero o tempo non permitiu a expedición ata o areal, porén a Asociación RetoqueRetro achegouse ata o cole para compartir con todos/as os seus coñecementos sobre a arte, a reciclaxe e o mundo mariño.