Secretaría
Graduación 6ºEP e Festa fin de curso
Enviado por mvpineiro o Ven, 02/06/2023 - 09:27
02.06.2023
O vindeiro martes 13 de xuño ás 16:00h celebrarase o acto de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria e, a continuación, a partir das 17:30h gozaremos todos/as xuntos/as da festa de fin de curso organizada polo centro e a ANPA.
Fondo solidario de libros de texto e axudas para o material escolar
Enviado por mvpineiro o Lun, 22/05/2023 - 11:4622.05.2023
Dende hoxe, día 22 de maio, ata o 21 de xuño poderedes presentar a solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar.
- Presentación de solicitudes:
- Preferiblemente, por vía electrónica, empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluído o sistema de usuario e Chave 365.
- Opcionalmente, de xeito presencial, no centro (de 09:30h a 13:30h) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Os formularios están dispoñibles en:
https://www.edu.xunta.gal/fondo libros
Xunto á solicitude Anexo I (ED330B) deberá aportarse o Anexo II debidamente asinado, copia do libro de familia, sentencia ou convenio regulador en caso de divorcio e a documentación acreditativa das circunstancias persoais no caso de non asinar as autorizacións. A situación persoal, familiar e económica reflíctese ao 31 de decembro do 2021.
Xornadas de Portas Abertas
Enviado por mvpineiro o Mér, 25/01/2023 - 12:38
O Cruceiro abre as súas portas a todas aquelas familias que desexen coñecer o noso centro. Ao longo destas dúas xornadas, realizarase un percorrido polo centro e as súas instalacións, así coma unha charla sobre os nosos proxectos, a nosa metodoloxía... e resolveremos todas aquelas dúbidas que teñades. Esperámosvos!
![RSS - Secretaría Distribuir contido](/centros/ceipcruceirocanido/misc/feed.png)