Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Excursión a Marcelle

14.05.2023

O pasado mércores 10 de maio o alumnado do primeiro ciclo foi de excursión ao parque zoolóxico Marcelle Natureza. Premede na imaxe e mirade que ben o pasaron!

Obradoiro sensorial

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á MONTAXE

Non vos perdades esta montaxe audiovisual coa experiencia vivida polo alumnado de Infantil noutro dos seus obradoiros sensoriais. A gozar coa chegada da privamera!

Patrimonio de Galicia

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER AO PODCAST

As Ondas do Cruceiro "non calan". Xa tedes dispoñible un novo podcast, nesta ocasión, sobre o noso patrimonio. 

Día do Libro

PREMEDE PARA ACCEDER Á MONTAXE AUDIOVISUAL

Nesta ocasión, pola conmemoración do Día do Libro, realizáronse diferentes actividades ao longo da semana pasada. Reflexionamos sobre que é ler para nós, compartimos un emotivo momento lector, todo o alumnado e profesorado, nas zonas exteriores do centro e pechamos as actividades coa entrega de diplomas do concurso de relatos organizado polo equipo da Biblioteca escolar. 

Convocatoria axudas para aneae 23/24

26.04.2023

Convocatoria de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24

Hoxe publicouse no BOE a Resolución pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 8 de maio de 2023 ata o 20 de setembro de 2023, ambos incluidos.

As solicitudes poderán cubrirse desde a Sede Electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na seguinte ligazón: https://sede.educacion.gob.es/portada.html

Na Resolución está indicado:

  • Tipo de axudas a percibir.
  • Alumnado destinatario.
  • Compoñentes das axudas nas distintas etapas.

Lembrade que as familias interesadas podedes solicitar cita co Departamento de Orientación do centro para resolver calquera dúbida con respecto á tramitación das becas, documentación precisa ou calquera outra circunstancia relacionada.

Grazas Rebeca!

 PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á MENSAXE

01.04.2023

Damos por finalizado un mes intenso dedicado ás mulleres de Ferroltera. O xoves pasado publicabamos o podcast nas Ondas do Cruceiro e, xa para rematar, deixámosvos aquí o agradecemento dos nenos e nenas de Educación Infantil a Rebeca Atencia.

Parabéns a todos/as os/as que participastes neste gran proxecto, profesorado, alumnado... e infinitas grazas a estas grandes mulleres da nosa comarca polo voso achegamento e por aprendernos que non debemos deixar de soñar.

Admisión alumnado 23/24

31.03.2023

Novo podcast nas Ondas do Cruceiro

30.03.2023

PREMEDE PARA ACCEDER Á IMAXE INTERACTIVA

Visita do Baxi

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS

22.03.2023

Continuando co noso proxecto polo mes do Día Internacional da Muller, hoxe tivemos o privilexio de recibir no Cruceiro a tres xogadoras do Baxi Ferrol: Ángela, Claudia e Marta. Nesta ocasión, foron entrevistadas polos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria e atrevéronse logo a xogar un partido cos maiores do cole. En breve teremos o podcast polas Ondas do Cruceiro!

Queremos darvos as grazas por facernos un oco nesta semana tan intensa para vós, na que vos xogaredes o ascenso matemático á Liga Feminina Endesa. 

Temos unha cita o próximo sábado 25, ás 17h, no pavillón da Malata. Estamos con vós!

Visita de Chelo Loureiro

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á MONTAXE AUDIOVISUAL

19.03.2023

O pasado venres 17 de marzo, dentro das actividades relacionadas co mes do Día Internacional da Muller, tivemos o privilexio de recibir no Cruceiro á amplamente galardonada Chelo Loureiro. É dificil expresar con palabras toda a emoción que sentimos compartindo con ela este momento tan especial. Aquí vos deixamos, nesta pequena montaxe audiviosual, un resumo deste emotivo encontro no que aprendemos que nunca debemos deixar de soñar... Grazas Chelo!

*Tedes todas as fotos da montaxe audiovisual subidas á Galería   

Distribuir contido