Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Menú Decembro

COREOGRAFÍATE

Este ano por primeira vez participamos no lll Certame Coreografíate cun baile feito pola nosa mestra de “música e danza” para o alumnado do 3º ciclo que ,voluntariamente, estivo ensaiando con moita ilusión a coreografía que podedes ver no enlace.

Non importa se levamos premio pois o mellor regalo foi o proceso de preparación e o resultado que nos queda para sempre de recordo.

Esperamos que vos guste!

SEGUNDA VISITA DA TROGLODITA

Hoxe pola mañá tivemos nova visita da troglodita. Cando chegamos ás aulas tiñamos dúas pegadas nos encerados cun código QR, que contiña un vídeo desta personaxe tan misteriosa e que achegamos nesta publicación.

 Nel contaba que viña recoller os debuxos que fixera o alumnado sobre como a imaxinaban. O resultado… auténticas marabillas!!! Moitas grazas polas vosas aportacións.

 Ela, a cambio deixounos nova información. Hoxe, día 20 de novembro é o Día Universal da Infancia, no que se lembran e defenden os dereitos dos nenos/as, sendo un deses dereitos o de ter un nome, unha identidade. Así que, aproveitou e compartiu con nós como se chamaba: “Kanda” que antigamente significaba “poder máxico”.

 Seguiremos informando das novas andainas de Kanda.

Equipo de biblioteca.

PROXECTO ETWINNING

Este curso os nenos e nenas de sexto están a traballar con colexios doutros países europeos en torno ao tema de Xogos Olímpicos e saúde. 

A continuación publicamos as actividades que imos compartindo cos nosos compañeiros do proxecto.

Presentarse y presentar a otra persona | SuperNanny Barcelona

Vendimia en Infantil

O pasado martes 14 de novembro, todo o alumnado de infantil desfrutou da actividade “A vendima”, tan característica desta época do ano.

Colleitaron, debullaron, aplastaron, filtraron e ata cataron o mosto que conseguiron extraer eles/as mesmos/as das uvas.

 

Aquí tedes os pasos de todo o proceso:

1. Colleita das uvas.

2. Debullado das uvas dos acios. 

3. Aplastado das uvas coas mans.

4. Filtrado.

5. Cata do mosto.

Podedes ver o desenvolvemento da actividade nestas fotos e vídeos.

Ondas do Cruceiro:BÚSCASE NOVA CABECEIRA

* ATENCIÓN! O correo electrónico remata en cero, non é unha "o" maiúscula.

Obradoiro Terrorifico

O alumnado de infantil dá por rematado o Samaín deste ano. Coma broche de ouro, un Obradoiro terrorífico nas mesas sensoriais. Ao longo da semana foron desfrutando das diferentes propostas, nas que había unha libre circulación do alumnado. 

Ditas actividades foron as seguintes:

 

1.Cociña de apócemas con espaguetes tinguidos de cores, pipetas, bechos, tesoiras e pinzas.

2.Liberación de insectos, ollos e vermes para o caldeiro da bruxa.

3.Baleirado de cabazas con culleres, mazas, coitelos e morteiros.

4.Confección de pulseiras, aneis e colares con arame e pasta decorativa de Samaín.

5.Pintado no chan con témperas fluorescentes e luz negra.

6.Experimento de apócemas con vinagre e bicarbonato, bechos e pipetas.

7.Montaxe de esqueletos con bastonciños de oídos.

 

Premede na imaxe para acceder á galería de fotos.

Viaxe Erasmus+ co CFR de Ferrol a Limerick (Irlanda)

O CFR de Ferrol organizou unha mobilidade de formación a Limerick (Irlanda) ao abeiro do programa Erasmus+ que durou dende o 9 de xullo ata o 15 de xullo. Dita mobilidade se enmarca no seminario F2106013 – Ensino e aprendizaxe en lingua inglesa, no cal participou Luis, un dos nosos mestres de inglés, durante o curso 2022/2023.

 

Menús Novembro

 

 
 

Recomendacións Biblioteca

“Dende o Equipo de Biblioteca queremos axudar a que pasedes… un Samaín de medo! Aquí vos deixamos unha recompilación de varios libros que encherán de maxia e feitizos estas datas.
 
Podedes ver, na cortiza da nosa biblioteca,as portadas que seleccionamos para cada idade.
 
Premede na imaxe para acceder á presentación onde atoparedes máis información sobre cada libro.
 
Feliz Samaín!!
O equipo de biblioteca.”
 
Distribuir contido