Inventa unha flor: Xa temos os gañadores e gañadoras!!
Enviado por Anónimo o Mér, 24/04/2024 - 21:24FELIZ SEMANA DO LIBRO!!
Enviado por Anónimo o Dom, 21/04/2024 - 19:43Damos comezo á Semana do Libro e que mellor maneira que recibindo na biblioteca un agasallo moi especial: un exemplar do libro escrito polo noso alumno Xaime de 6* primaria.
Xaime acaba de publicar “O val dos seres mitolóxicos” e quixo que formase parte do noso fondo de libros, adicando e asinando este exemplar para que todo o alumnado e profesorado do CEIP Cruceiro de Canido poida desfrutalo.
Dende o Equipo de biblioteca e o colexio, queremos darlle as grazas a Xaime pola súa aportación, así como achegarlle os nosos parabéns por esta nova andaina no mundo da escritura.
Que orgullo para o noso cole e aínda máis para a nosa biblioteca.
FELIZ SEMANA DO LIBRO!!
O Equipo de biblioteca.
INFORMACIÓN SOBRE LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024/2025
Enviado por Anónimo o Mér, 10/04/2024 - 20:15As listaxes provisionais de alumnado con praza asignada para o vindeiro curso escolar 2024/2025 están publicadas no taboleiro de anuncios situado na entrada do colexio.
Poden consultarse tamén no seguinte enderezo electrónico, introducindo o código da solicitude:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Neste caso é necesario dispor de certificado electrónico ou Chave 365.
No noso centro, todas as solicitudes presentadas en prazo foron admitidas, excepto aquelas para os cursos nos que houbo máis solicitudes que vacantes, que pasarán á comisión de escolarización.
As Ondas do Cruceiro non paran!
Enviado por Anónimo o Mér, 28/02/2024 - 20:21Ofertas de Postos Escolares 2024/2025
Enviado por Anónimo o Xov, 15/02/2024 - 17:35
CEIP CRUCEIRO DE CANIDO
OFERTA DE POSTOS ESCOLARES - CURSO 2024/2025
4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)…… 37 (+3 NEAE.)
5º EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS)…...... 9
6º EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS)…….. 0
1º EDUCACIÓN PRIMARIA……………….. 1 NEAE
2º EDUCACIÓN PRIMARIA……………….. 2
3º EDUCACIÓN PRIMARIA……………….. 1
4º EDUCACIÓN PRIMARIA……………….. 0
5º EDUCACIÓN PRIMARIA……………….. 0
6º EDUCACIÓN PRIMARIA……………….. 0
Ferrol, 11 de xaneiro de 2024
A dirección
Xa temos gañador no concurso "Debuxa o micro das Ondas do Cruceiro"
Enviado por Anónimo o Xov, 08/02/2024 - 16:42- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »