UNHA INTRUSA NO CRUCEIRO DE CANIDO…
Enviado por Anónimo o Lun, 23/10/2023 - 15:10
Algo estraño aconteceu hoxe na nosa escola... Cando chegamos pola mañá, o chan, as portas, as paredes... estaban cheas de moreas de pegadas de pés e mans.
Quen visitou durante a fin de semana o Cruceiro de Canido?
Nas aulas deixou un agasallo para cada grupo: unhas caixas viaxeiras con contos e libros, procedentes da nosa biblioteca, o lugar que máis lle gustou da escola.
Para explicalo, incluíu nesas caixas, un código QR cun vídeo, unhas caixas de suxestións e varios retos para o noso alumnado.
Mirade o vídeo para saber un pouco máis deste suceso tan estraño.
Tamén vos deixamos unhas fotos do acontecido hoxe pola mañá.
Aproveitando que, mañá 24 de outubro, será o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, quixemos dar comezo coas propostas de actividades que sairán do equipo de biblioteca.
Unha pequena motivación para o noso alumnado e así dar renda solta á súa imaxinación, interese e goce pola lectura.
Seguiremos informando...
O equipo de biblioteca.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
VID-20231021-WA0010.mp4 | 7.64 MB |