Benvida
Está no espazo web do CEIP Plurilingüe Concepción Arenal.
Gracias por visitarnos.
Portada
(1-22 de marzo)
Lembrade que as solicitudes deben vir asinadas polos dous proxenitores, agás no caso da tenencia da patria potestade por un só proxenitor.
PORTAS ABERTAS:
Por mor da pandemia, este centro acordou non ter día de "Portas abertas" de maneira presencial.
Poden visualizar as dependencias do centro no video que está o final da páxina.
As dúbidas poderanas consultar no teléfono do centro: 881880064
XUSTIFICANTE PARA DESPLAZAMENTOS
CURSO 2020-21 (calendario escolar)
PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ARCO LIÑA 1 2020/21
Estimadas familias:
Benvidos ao Novo Curso
O Claustro de profesorado queremos darvos a benvida a este novo curso escolar 2020-21.
Este ano, por mor do Covid 19, imos ter moitos cambios a nivel organizativo e de funcionamento, esperamos en breve poder colgar na web do centro os novos documentos que recollen todos aqueles aspectos que son de voso interese neste curso:
- Plan de Adaptación á situación Covid.
- Plan de Acollida.
- Plan de Continxencia
Estes plans non son pechados e o longo do curso, as normativas poden obrigar a facer algunhas adaptacións que impliquen ao funcionamento do centro.
A volta ao colexio será escalonada por datas, por cursos e quedará da seguinte maneira:
10 de setembro |
11 de setembro |
*3 anos |
5 anos |
4 anos |
4º de primaria |
1 º de primaria |
5º de primaria |
2º de primaria |
6º de primaria |
3 º de primaria |
|
* 3 anos inicia o periodo de adaptación do 10 ao 30 de setembro.
A entrega e recollida farase CUN SÓ PROXENITOR.
GRUPO A
1ª quenda: de 9,30 a 11,05 h. ( os 13 primeiros alumnos/as)
2ª quenda: de 12.10 a 13,40 h. (os 12 últimos alumnos/as)
GRUPO B
1ª quenda: de 9,30 a 11,00 h. ( os 13 primeiros alumnos/as)
2ª quenda: de 12,05 a 13,35 h. (os 12 últimos alumnos/as )
*A composición das quendas exporase no taboleiro de anuncios do Colexio nos primeiros días de setembro.
Os dous últimos días do período de adaptación (29 e 30 de setembro) terán unha única quenda con horario de:
GRUPO A: de 10.30 a 13.45
GRUPO B: de 10.25 a 13.45
HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS:
Educación Infantil ( Portón da Rúa Castro Chané)
A entrega e recollida farase CUN SÓ PROXENITOR. OBLIGATORIA DISTANCIA SOCIAL E MÁSCARA.
Entrada: 9:15 h
Saída: 13:45 h
Educación Primaria 1º e 2º ( Portón da Rúa Castro Chané)
OS PAIS/NAIS NON PODERÁN ENTRAR NO RECINTO ESCOLAR.
Entrada: 9:00 h
Saída: 13:55 h
Educación Primaria 3º e 4º ( Portón da Rúa Perpetuo Socorro)
OS PAIS/NAIS NON PODERÁN ENTRAR NO RECINTO ESCOLAR.
Entrada: 9:05 h
Saída: 14:00 h
Educ Primaria 5º e 6º ( Portón da Rúa Perpetuo Socorro):
OS PAIS/NAIS NON PODERÁN ENTRAR NO RECINTO ESCOLAR.
Entrada: 8:55 h
Saída: 13:50 h
IMPORTANTE:
- En ningún momento durante este curso, nas entradas e saídas do alumnado, se abrirá o portón verde que divide os patios, por donde transitaban as familias dun patio a outro.
(PROTOCOLO COVID)
ALUMNADO QUE CHEGUE TARDE A SÚA QUENDA DE ENTRADA:
- Todo o alumnado que non chegue no horario da súa quenda, deberá acercarse cun só proxenitor á entrada principal do colexio, e esperar a que todo o alumnado finalice a entrada. Posteriormente, e despois das 9:15 h. será recollido pola porta principal polo prof. responsable. ( Distancia social e máscara -PROTOCOLO COVID)
Estamos a traballar en beneficio do noso alumnado, seguros de que entre todos podemos conseguilo.
Un saúdo
O Equipo directivo.
DOCUMENTOS COVID 19 (actualizados):
PLAN DE ADAPTACION A SITUACION COVID
PLAN DE ACOLLIDA CURSO 2020-2021
PLAN DE CONTINXENCIA MARZO 2021
ENQUISA DE AUTOAVALIACION DIARIA
PROTOCOLO COVID DE COMEDOR ESCOLAR 16/09/2020
CARTA AS FAMILIAS EN CASO DE POSITIVOS NO CENTRO
GUIA DE VOLTA SEGURA AO COLEXIO
OS NOVOS AGRUPAMENTOS PARA O CURSO 2020-21
AVISO FONDO LIBROS E MATERIAL : Están expostas no taboleiro do colexio as listaxes definitivas. Este curso non serán subidas a esta web por normativa de proteccion de datos.
Calquera consulta que se queira realizar, deberá facerse por correo electrónico: ceip.concepcion.arenal@edu.xunta.es, e será solucionada na medida do posible.
A partires do 1 de setembro poderán recoller na Conserxería os vales de material e textos.
#EUQUEDONACASA
RECOMENDACIÓNS DO CEIP PLURILINGÜE CONCEPCIÓN ARENAL DURANTE O ESTADO DE ALARMA
O RealDecreto 463/2020 para a xestión da situación de crise sanitaria, establece no seu artigo 9 a suspensión da actividade educativa presencial e, a súa vez, o mantemento das actividades educativas a distancia e «on line» sempre que resulte posíbel.
En consecuencia, e de cara ás familias que poidan —pois somos conscientes de que moitos dos proxenitores do noso alumnado continúan coa súa actividade laboral ou, incluso, teñen máis carga de traballo ao desenvolver tarefas esenciais para a cidadanía— establecemos unha serie de recomendacións e propoñemos algunhas actividades que, en ningún caso serán de obrigado cumprimento ou obxecto de avaliación.
1. O alumnado dedicará diariamente parte do seu tempo de traballo escolar á lectura. Este tempo complementarase coa realización de debuxos sobre o lido, resumos, valoracións e comentarios críticos, invención de historias que continúan o argumento principal pero chegan a diferentes desenlaces, etc. Poden combinar a produción escrita con outras ferramentas máis motivadoras como a realización de gravacións de son ou vídeo.
2. O alumnado realizará actividades de repaso co material que teña a súa disposición no fogar. Este repaso será preferentemente nas áreas instrumentais, isto é: Matemáticas, Lingua castelá, Lingua galega e Lingua inglesa.
3. O alumnado poderá acceder a algún dos seguintes enlaces, neles atopará diferentes actividades de repaso que pode realizar. (NOTA: varios destes enlaces son cortesía de diversas editoriais educativas, agradecemos enormemente a súa colaboración; outros están elaborados polo profesorado; e outros son páxinas externas que, polo xeral, conteñen publicidade, mais poden resultar de utilidade.)
NOTA SOBRE A ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS ESCOLARES: Seguindo instrucións das autoridades educativas o profesorado do Colexio procedeu a realizar as adaptacións das Programacións segundo o criterio establecido. Quen desexe consultar esas adaptacións pode facelo no seguinte ENLACE.
Recursos xenéricos:
Matemáticas:
Xerais:
Linguas:
AGRADECEMENTO
A Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Concepción Arenal quere agradecer a todas as persoas participantes no evento "POSTAIS SOLIDARIAS" a súa colaboración e compromiso nesta iniciativa. Foron recollidos e doados ao BANCO de ALIMENTOS un total de 519.6 kg.
Moitas grazas pola vosa solidariedade.
|
"Revista Catro Camiños 2019" |
