Actividade de Danza aérea

Durante a semana pasada, todo o alumnado de Infantil e Primaria disfrutou dunha sesión de exhibición de danza aérea e probou a experiencia da man de Sue Moreno, ademais de María e Eva, as nosas mestras de Educación Física. Aquí temos a mostra do resultado...

 

8 DE MARZO: DIA DA MULLER

Esta semana celebramos o Dia da muller con diferentes actividades que se levaron a cabo nas diferentes titorías, estudamos a mulleres célebres e reivindicamos o papel da muller en tarefas do mar; redeiras ou mariscadoras. O alumnado de 5º de primaria participou nun obradoiro.

 

 

Saída a Casa dos Peixes

O pasado venres 3 de marzo, a alumnado de 1º de primaria fixo unha saída á Casa dos Peixes.

VISITA AO CASTELO DE SAN ANTÓN

A pasada semana, o alumnado de 5º de primaria visitou o Castelo de San Antón así como as súas dependencias e salas de exposicións.

Obradoiro sobre alimentacion saudable

Durante este mes contamos cun Obradoiro sobre Nutrición e dieta equilibrada destinado a todo o alumnado do centro así como ao profesorado e que se impartiu por parte de María, formadora da OMIC (Ofinia Municipal de Información e Consumo). Para o mes de abril ofertarase este Obradoiro ás familias.

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Co motivo da recente celebración do Día de Rosalia de Castro, o alumnado de diferentes titorías recitou obras da escritora.

ENTROIDO

Este curso celebramos o Entroido con moita troula.

 

Visita a casa das Ciencias e planetario

O pasado mércores 8 de febreiro, o alumnado de 6º de educación primaria visitou a Casa das ciencias e o planetario.

As portas do Entroido...

O Entroido está a chegar e dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega xa se programaron as actividades para esta semana tanto para Educación Infantil como para Educación Primaria.

 

Día da Paz

A pasada semana do 30 de xaneiro leváronse a cabo diversas actividades relacionadas con celebración do Dia escolar da Non Violencia e da Paz, entre elas, fixemos unha saída ao redor do cole na que mostramos as nosas pancartas con lemas sobre a Paz así como as camisetas decoradas para dita conmemoración.

Distribuir contido