Historia
Enviado por Anónimo o Mér, 12/12/2012 - 16:54
RESEÑA HISTÓRICA
|
Un dos colexios máis antigos da Coruña (xunto co Eusebio da Garda e Curros Enríquez) é o CEIP Concepción Arenal.
Concebido na década dos 20 (do século pasado) polo arquitecto municipal Pedro Mariño cando comenzou o ensanchamento da cidade ocupando fincas rurais .... e realizado xa no 1930 . Non se levou a cabo co proxecto orixinal do arquitecto Mariño por falta de medios económicos aínda que se trataba dunha construción de gran beleza. De todas maneiras, o edificio actual responde -na súa construción- ás novas tipoloxías arquitectónicas da educación: novos criterios de agrupación dos alumnos por idade en aulas de distinta capacidade... A súa función docente comenza nos anos da 2ª república (1930). No 36, co comenzo da guerra civil, convértese nun hospital militar (outros colexios convírtense en fábricas de armas, como o Curros). No curso 1942/43 de novo recupérase para o ensino ata o presente. Moitas xeracións de coruñeses formáronse neste Centro.
O colexio ubicábase no que era un barrio obreiro e industrial, coas fábricas de "La Estrella de Galicia", a "Fundición de Wonenburger", a "Fábrica de Tabacos", a "Estación de Mercancías do Norte"... O barrio mudou as súas funcións...as industrias desapareceron...e na actualidade é un barrio eminentemente comercial...pero o colexio segue... |
Con pequenos cambios no seu exterior ( pintura, ventanais...) o edificio permañece na actualidade tal como foi deseñado: a última reforma fíxose no 2001 para adaptalo ás medidas de seguridade que esixe a normativa actual (rampas, ascensor, escaleiras de incendios, pavillón polideportivo) . O edificio está protexido e catalogado polo Concello (como outros do barrio, no que conviven edificios modernistas, racionalistas e mostras da arquitectura actual).
O "Concepción Arenal" sempre estivo ligado ó ensino primario. Hoxe en día segue a ser un Colexio de Ensino Infantil e de Primaria pero adaptado aos novos tempos e tecnoloxías educativas: somos un centro Plurilingüe e pertencemos á rede ABALAR.
|