Complementarias
Dia da Paz 2016
Enviado por admin o Mar, 01/12/2016 - 12:19Día da Paz 2016
O 30 de xaneiro celebramos o Día Mundial da Paz con dous actos:
-Encheremos unha pomba cos nosos retratos para manifestar o noso compromiso coa PAZ.
-Construiremos unha árbore con mensaxes de PAZ
(Pica nas imaxes para velas ao detalle) |
Fágovos unha pregunta: Sabedes que é a PAZ? É moi fácil responder e vós ídesme axudar. |
||
Nenos pelexando? NON Nenos axudando? SI Todos enfadados? NON Todos sendo amigos? SI |
Soldados con pistolas? NON Coidando a natureza? SI Dicindo mentiras? NON Compartindo a merenda? SI |
|
É moi fácil contestar todos queremos PAZ. É moi fácil contestar LALALAAAAA |
|
||
Entroido 2016
Enviado por admin o Mar, 01/12/2016 - 12:00
ENTROIDO 2016
MANDADOS
SEMANA DO 1 ao 5 de FEBREIRO
LUNS 1 : Comenzamos co entroido de etiqueta
e terás que revirar a chaqueta.
MARTES 2 : Se os calcetíns queres lucir
por enriba dos pantalóns teñen que vir.
MÉRCORES 3: Para non te acatarrar
o pescozo terás que tapar.
XOVES 4 : Se guapo queres estar,
a cara terás que pintar.
VENRES 5 : Como non estamos enfadados,
para o recreo podedes vir disfrazados.
Entroido 2015
Enviado por admin o Lun, 02/02/2015 - 17:26
ENTROIDO 2015
F O T O S
MANDADOS
SEMANA DO 9 ao 13 de FEBREIRO
LUNS 9 : Para comezar,
cinta na cabeza levarás.
MARTES 10 : Para o segundo día
algo na cara levarías.
MÉRCORES 11: Para este día tan especial
algo ao pescozo engadirás.
XOVES 12 : Un fular na cintura,
para o último día de locura.
VENRES 13 : O venres antroidiño,
has vir disfrazadiño.
Celebración do Día da PAZ 2015
Día da Paz 2015
Fágovos unha pregunta: Sabedes que é a PAZ? É moi fácil responder e vós ídesme axudar. Nenos pelexando? NON É moi fácil contestar Fágovos unha pregunta: Soldados con pistolas? NON É moi fácil contestar |
|
Tempo de Nadal
Tempo de Nadal:
Neste tempo de apertas, de afecto, de agasallos, de cantigas, de lembranzas, de xuntanzas familiares, ...
desexámoslles unha boas festas de Nadal e un venturoso aninovo 2015.
Blog en lingua galega
Enviado por admin o Dom, 06/22/2014 - 22:44Concurso de Blogs en Lingua Galega
Os centros de Educación Infantil e Primaria Concepción Arenal, Eusebio da Guarda e Ramón de la Sagra foron os gañadores da primeira edición de Blogues en Lingua Galega convocada polo Concello da Coruña e dirixida a escolares coruñeses de Primaria e centros de Educación Especial, coa finalidade de fomentar a creatividade nas redes sociais, potenciar a comprensión e a expresión oral e escrita en lingua galega, creando e desenvolvendo un blog de temática libre dentro da aula escolar.
- O primeiro premio foi para o blog As pequenas periodistas, creado por un grupo de cinco alumnas e alumnos de 4º de Primaria doCEIP Concepción Arenal.
- O segundo premio, foi para o blog De todo un pouco, elaborado por un grupo de tres alumnas de 6º de Educación Primaria do CEIP Eusebio da Guarda.
- O terceiro premio obtívoo o blog Bolboreteando, elaborado por escolares e profesores de 4º de Primaria do CEIP Ramón de la Sagra.
Picasso coruñés
Enviado por admin o Mér, 04/30/2014 - 08:52I edición do Concurso de Debuxo Picasso Coruñés
David Carballo Rodríguez, alumno de 6º do noso Centro, obtivo o Premio José Luis Bugallal Marchesi, á mellor ilustración no Concurso de Debuxo Picasso Coruñés, convocado pola Fundación Emalcsa e coa colaboración do Concello de A Coruña e da Asociáción Pablo Ruiz Picasso de A Coruña. O obxectivo do certame era que os escolares de Galicia recreasen os periódicos que Picasso adolescente fixo durante a súa estadía na cidade. Noraboa aos premiados.
|
||
A noticia nos medios de comunicación |
||
Concurso literario Enfermedades Raras
Enviado por admin o Mér, 04/30/2014 - 08:34Concurso literario Enfermedades Raras
O pasado día 28 de febreiro tivemos o honor de asistir á sede da Fundación Barrié para que unha das nosas alumnas de 6º recibira o primeiro premio deste concurso literario, na modalidade de prosa.
Premio ao mellor Relato en Prosa:
"Descubriendo las enfermedades raras"
Mª Elena Regueiro García,CEIP Concepción Arenal, 6º EP
Entroido 2014
Enviado por admin o Lun, 02/10/2014 - 11:20ENTROIDO 2014
MANDADOS
SEMANA DO 24 ao 28 de FEBREIRO
LUNS 24 : Comezamos co entroido de etiqueta,
terás que revirar a chaqueta.
MARTES 25 : Se de elegante queres seguir,
con gravata terás que vir.
MÉRCORES 26: Para non desentonar,
a cabeza has de adornar.
XOVES 27 : Para non resfriar os pés,
con zapatos diferentes vés.
VENRES 28 : O venres,
que é festa grande,
para o recreo,
non sexas cobarde
e disfrázate.
Día da PAZ 2014
Enviado por admin o Xov, 01/16/2014 - 21:16Día da Paz
O vindeiro 30 de xaneiro de 2014 celebraremos, como ven sendo habitual, o Día da Paz.
As actividades que temos programadas para esa data son:
-
Sobre unha grande pomba branca, pegaremos as fotos das nosas caras, como símbolo de unión para a Paz.
-
Realizaremos as seguintes danzas típicas dos países que indicamos:
-
Educación Infantil: danza de Haití
-
Educación Primaria:
-
Primeiro Ciclo: danza de Finlandia
-
Segundo Ciclo: danza de Os Andes
-
Terceiro Ciclo: danza de México