Complementarias
Nadal 2013
Enviado por admin o Xov, 12/12/2013 - 13:41Nadal 2013
É tempo de Nadal.
Aquí quedan recollidas as postais gañadoras do concurso deste ano.
As finalistas pódense visualizar na sección de galería. Para acceder a ela preme sobre o seguinte enlace GALERÍA ou ben sobre o botón correspondente, situado na cabeceira desta web (esquina superior dereita).
TEATRO: Foto de Nadal
Obra de teatro realizada polos nenos e nenas de 4ºA do noso Centro
Recomendacións para este tempo.
Proxecto ANCAS
Proxecto ANCAS CEIP Plurilingüe Concepción Arenal (A Coruña) |
O proxecto piloto "rutas escolares seguras" está a desenvolverse no noso centro dende o 29 de abril de 2013.
Toda a información relacionada, pódese consultar nos seguintes enlaces.
Máis rutas seguras para ir a clase
FESTA DA BICICLETA
Visita á galería fotográfica:
fotos das rutas 1 e 2
do camino escolar do Centro.
¡¡¡ 5 anos de seguridad vial facendo posible
o Camino escolar seguro ANCAS!!!
Festival CinEOI Coruña Curtas 2013
O pasado día 9 de abril tivo lugar a entrega de premios do "Festival CinEOI Coruña Curtas 2013" organizado pola Escola Oficial de Idiomas da nosa cidade en colaboración coa Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude.
No apartado de categoría infantil, participou o grupo de alumnos do noso centro que, durante o primeiro trimestre do curso, participaron no Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe. A curtametraxe realizada leva por título "Nin pra ti nin pra min".
Outros participantes na mesma categoría foron os rapaces dos CEIPs da cidade seguintes: Curros Enríquez, Sagrada Familia, Sal Lence e San Francisco Xabier.
Os gañadores da categoría foron os alumnos do Sagrada Familia. Dende aquí enviámoslles a nosa noraboa para eles, e, para todos, moitos ánimos para seguir nesa andanza creativa.
Visionado da curtametraxe elaborada polos nosos alumnos participantes: "Nin pra ti nin pra min":
Visionado de todas as curtametraxes participantes:
http://www.youtube.com/watch?v=LXX0r7D10KM&feature=share&list=PLk-JpVN-1teDsajb_TV1uLVB0qV7HFEAX
Listaxe de participantes e premiados:
Exposición educativa itinerante
“Adopción, la mirada de los protagonistas”
Na última semana lectiva do mes de marzo, alumnos e persoal do centro puidemos desfrutar desa exposición educativa itinerante.
Trátase dunha iniciativa levada a cabo pola Fundación María José Jove coa colaboración da Asociación Participa para la Inclusión Social, cuio obxectivo é promover a adaptación no entorno escolar dos nen@s adoptad@s. A mostra permaneceu no centro ata o venres, día 22, data na que continuou o seu percorrido por outros centros educativos galegos.
É unha exposición creada por e para os nenos. Está formada integramente por obras realizadas por nenos adoptados e os seus irmáns nas que, a través de dez sesións , plasmaron a súa experiencia vital para ofrecerlla aos demais nenos e así poidan comprender mellor a súa diversidade, favorecendo a convivencia no ámbito da escola.
En concreto, con esta mostra preténdese formar e educar á poboación escolar, e normalizar a visión da adopción como outra forma de facer familia, así como xerar actitudes, valores e relacións que faciliten a integración dos nenos adoptados e procedentes doutras culturas. Ao tempo, coñecer a idea que os propios alumnos teñen sobre a adopción.
Ademais dos paneis informativos/expositivos, conta con actividades interactivas para desenvolver e co Libro Viaxeiro no que os alumnos puideron deixar as súas aportacións coas propias valoracións, debuxos, comentarios e experiencias.
Aquí deixamos constancia da mesma con algunhas imaxes.
O noso compañeiro Aarón cóntanos un conto
Enviado por _Maria Lariño o Mér, 02/20/2013 - 18:41Con este conto Dona Carme axudaranos a coñecer que fan os animais.