Festival CinEOI Coruña Curtas 2013

 

O pasado día 9 de abril tivo lugar a entrega de premios do "Festival CinEOI Coruña Curtas 2013" organizado pola Escola Oficial de Idiomas da nosa cidade en colaboración coa Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude.

No apartado de categoría infantil, participou o grupo de alumnos do noso centro que, durante o primeiro trimestre do curso, participaron no Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe. A curtametraxe realizada leva por título "Nin pra ti nin pra min".

Outros participantes na mesma categoría foron os rapaces dos CEIPs da cidade seguintes: Curros Enríquez, Sagrada Familia, Sal Lence e San Francisco Xabier.

Os gañadores da categoría foron os alumnos do Sagrada Familia. Dende aquí enviámoslles a nosa noraboa para eles, e, para todos, moitos ánimos para seguir nesa andanza creativa.

Visionado da curtametraxe elaborada polos nosos alumnos participantes: "Nin pra ti nin pra min":

 



Visionado de todas as curtametraxes participantes:

http://www.youtube.com/watch?v=LXX0r7D10KM&feature=share&list=PLk-JpVN-1teDsajb_TV1uLVB0qV7HFEAX

 

Listaxe de participantes e premiados:

 

AdxuntoTamaño
Participantes_eLigaz__ns2013 (2).pdf147.08 KB