Día do Peón en Educación Infantil

 

Estos días estamos a celebrar o día do Peón con diferentes actividades, desde o noso habitual concurso de baile de peón organizado nos recreos ata un obradoiro impartido por Luís Rama, a quen agradecemos a súa colaboración e implicación

14 N Día Internacional da Diabetes

Hoxe celébrase o Dia Internacional da diabetes e o alumnado de 5º de primaria quixo recordalo amosando esta pancarta.

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

O alumnado de  3º, 5º e 6º de Educación primaria visitaron, ao longo da semana pasada, o Museo de Belas Artes de A Coruña. O alumnado participou nas actividades organizadas coñecendo diferentes autores e obras.

Concerto didáctico de música tradicional galega

O alumnado de 6º recibiu a visita da banda musical Agadic, que ofreceu un concerto didáctico de música tradicional gracias a colaboración do Centro Coreográfico de Galicia.

SAMAIN 2023

Esta semana celebramso o Samain con moitas actividades, decoramos as portas das aulas, as cabazas e fixemos un festival en Educación Infantil, rematando cunhas merendas terroríficas. Agradecemos a colaboración e implicación das familias nesta proposta.

Limpeza da Praia de Santa Cruz

O alumnado de 5º de primaria levou a cabo a limpeza da Praia de Santa Cruz, esta saída está enmarcada dentro do Programa que o centro leva a cabo en colaboración con CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)

STOP accidentes

O alumnado de 3º a 6º de educacion primaria recibiu un taller teórico sobre movilidade sostible e segura impartido pola asociacion Stop accidentes e que serve para promover o camiño escolar ANCAS. O alumnado participará nun concurso no que deba escribir unha carta ou facer un debuxo dando unha mensaxe en relación ao contido traballado.

Leticia Barbadillo, premio Merlín de xerais

Os noso parabéns a Leticia Barbadillo, a nosa compañeira mestra de Infantil polo recente Premio Merlín de Xerais pola súa obra xuvenil "A botella de lentellas".

Escola de acrobacias aéreas

O alumnado de 2º de primaria disfrutou da previa á presentación do espectáculo "Glampimg" da Escola de acrobacias aéreas de Sue Moreno.

 

Castro de Viladonga

Esta saída ao Castro de Viladonga, deu a  coñecer ao alumnado de 6º de primaria o mundo castrexo trala conquista romana.

Distribuir contido