Obradoiro de gaitas Seivane

O alumnado de 5º de EP foi a coñecer o Obradoiro de gaitas de Seivane en Cambre, unha potente empresa galega na construcción, comercialización e exportación de gaitas.

 

Recollida de lixo na praia de Santa Cruz

Nesta ocasión, foi o alumnado de 3º e 4º os que comprobaron o estado das nosas praias e a cantidade de lixo que deixamos nelas contaminando o noso ecosistema.

 

Letras Galegas 2023

Conmemoramos o día das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernández del Riego recordando a outros e outras grandes escritores e escritoras da nosa lingua.

Feliz Día das Letras Galegas¡¡

Recollida de lixo na praia de Santa Cristina

O alumnado de 5º acudiu a praia de Santa Cristina a revisar o estado da praia en canto a residuos, recollendo, nunha hora e media, varios quilos de plásticos e restos, comprobando así a importancia da xestón axeitada de residuos.

Visita de Ledicia Costas

Esta semana visitou ao noso alumnado de 5º de Educación Primaria, Ledicia Costas, escritora que nos contou anécdotas e asinou exemplares de Vampira de biblioteca.

Visita de Manuel Rivas

O alumnado de 6º recibiu, no noso centro, a visita do escritor Manuel Rivas, que, despois da súa charla, asinou exemplares da súa obra.

 

2 DE MAIO: Dia Internacional contra o acoso escolar.

Contra o acoso...fala agarimoso!!

Retrato de mulleres artistas, formas e cores

A semana pasada, o alumnado de 5º de primaria asistiu a clausura dos Talleres Retratos de mulleres artistas, formas e cores que se desenvolveron en marzo no marco das actividades do 8M, Día Internacional da muller.

Sistema Lupo

Durante este curso, o profesordo do centro contou cunha pequena formación en LUPO e, coas pezas proporcionadas polo Centro de formación e recursos de A Coruña, aplicamos na aula o método con fantásticos resultados.

Obradoiro Braille

O alumnado de 3º recibiu unha sesión na que coñeceron o alfabeto Braille e practicaron a escritura na máquina Perkins.

Distribuir contido