Skip to Content

ROSCO Ó RESCATE (21/NOV./2023)

O 21/11/2023 o alumnado do CEIP Plurilingüe Bragade disfrutou da actividade "ROSCO Ó RESCATE - MISIÓN SALVAR A NATUREZA", organizada e levada a cabo por Casa Grande de Xanceda , na cal se tratou sobre como ROSCO nos ensina e fomenta hábitos de sostibilidade, reciclaxe, consumo responsable, etc.

Dende o centro quixéramos, novamente, agradecer enormemente esta iniciativa a Casa Grande de Xanceda que contribúe á concienciación do necesario coidado do medio natural, comezando pola nosa contorna.

O alumnado recibiu un lapis cunha goma cunhas sementes para axudar á polinización das abellas.

Actividade enmarcada no programa de innovación educativa “04. EDUsostibilidade" (CONTRATOS-PROGRAMA CPinnova).

SAMAÍN E MAGOSTO 31/OUT/2023

Este 31/OUT/2023 o alumnado do Bragade celebrou o SAMAÍN e o MAGOSTO. 

Entre outras sorpresas -e máis dun susto-, houbo un túnel do terror entre as diversas decoracións.

Posteriormente, o alumnado queimou os seus medos na Fogueira dos medos baixo o conxuro específico "QUEIMAMOS OS MEDOS DE..." e co conxuro final da titora de 1º e 2º Pri., Alexia e acompañada polo xa habitual convidado especial do Hotel Transilvania (Rumanía), o pianista e organista de eventos fúnebres, Dmitri Salachenko.

Posteriormente entregáronse os premios do CONCURSO DE APÓCEMAS MÁXICAS!!!

Parabéns a todo o alumnado participante polas apócemas máxicas, e, en especial a aquel gañador, Vera, Lois, Julia, Xabi, Lino, Dani, Naiara, Xiana, Ían e Laura!!!!

Tras cantar con Dmitri as cancións "Corre, corre, cabaciña" e a canción orixinal do Bragade "O MAGOSTO E O SAMAÍN DE DON EUSTAQUIO" desfrutamos de castañas asadas.

Finalmente, e tras un tempo de recreo extra para xogar e divertirse, o alumnado contou cun menú terrorífico que elixiron previamente nunha enquisa (de entre 4 MENÚS terroríficos) a semana pasada:

MENÚ 3: Entrañas de crocodilo en pan con sangue de bruxa

DÍA DA BIBLIOTECA 24/OUT/2023

Este mércores 25 de outubro de 2023 conmemoramos o Día da Biblioteca (24/outubro)


Primeiramente, o alumnado de 5º e 6º Pri. escenificou "A formiga coxa", e, deseguido todo o cole cantou as cancións "A Biblioteca do cole" e "O rato de Biblioteca" (poemas de María Xosé Lamas e Xoán Neira, respectivamente, e música do noso Mestre Israel).

Para finalizar, todo o alumnado pegou nun mural xigante (preparado pola nosa Mestra Consu) un debuxo ou impresión do libro favorito de cada un/ha, que colgamos no recibidor da entrada do cole.

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

Este Samaín e Magosto 2023 comeza co CONCURSO DE APÓCEMAS MÁXICAS (convocado a través da Circular Informativa nº2_2023/24) organizado conxuntamente polo Equipo de Actividades Complementarias E Extraescolares, o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), o Equipo de Biblioteca, o Equipo de TIC/Abalar e o Equipo de Plurilingüismo.

 

Benvidas/os ao curso 2023/24!!

Para preparármonos para este novo curso 2023/24, no CEIP Plurilingüe Bragade, como vén sendo habitual antes do comezo das clases, o vindeiro 8 de setembro de 2023 ofreceremos varias reunións sobre organización do centro, normas e procedementos básicos, titoría colectiva coa persoa titora e co profesorado especialista, resolución de dúbidas, etc.

Podedes consultar na imaxe os horarios!!

INSTRUCIÓN DE COMEDOR ESCOLAR PARA O 2023/24

O martes 04 de xullo de 2023 publicouse a Instrución que regula o Servizo de Comedor Escolar para o curso 2023/24. Achégase, deseguido, unha ligazón a dita instrución:

INSTRUCIÓN 2/2023, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2023-2024

Para comodidade das familias, velaquí un documento en PDF con extractos da referida Instrución:

Resumo-Extracto Instrución 2-2023_comedores

As seguintes ligazóns tratan dos ANEXOS incluidos na referida INSTRUCIÓN:

ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS_23-24

ANEXO III DECLARACIÓN_SOLICITUDE PERSOAL COLABORADOR_23-24

ANEXO IV ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO_23-24

Nota: De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 os centros farán chegar ás familias dos comensais admitidos ao comedor o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II desta instrución (páxinas 56 a 61); autodeclaracións que deberán ser entregadas nos centros cubertas en todos os seus extremos antes do 01/09/2023

(Dende hoxe, mércores 05/xullo/2023 até o venres 07/xullo/2023 inclusive, o centro estará aberto de 09:00 a 14:00 horas para a entrega física do referido Anexo II. De aí en diante -respectando a data límite- deberá ser remitido por correo electrónico a ceip.cesuras@edu.xunta.gal ).

CONVOCATORIA FONDO LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL, CURSO 2023/24

Até o 21 de xuño de 2023 poderanse presentar as solicitudes do fondo solidario de libros e axudas de libros de texto e material.

As consultas atenderanse por teléfono (881880509) ou por correo electrónico (ceip.cesuras@edu.xunta.gal).

Para realizar o trámite presencialmente será necesario solicitar cita previa.

Para ver o resumo da información, PREMA EIQUÍ.

Para consultar o DOG, PREMA EIQUÍ.

Para descargar o modelo de solicitude, PREMA EIQUÍ.

 

LISTADO DE LIBROS para o curso 2023/24 

 

LISTADO DE MATERIAL curso 2023/24

 

 

NOTAS (xuño de 2023):

  • Primaria: só hai listado de material daquel profesorado con destino definitivo no centro. En calquera caso, para facerse unha idea pódese consultar no taboleiro de anuncios desta web a do curso pasado 2022/23.
  • Infantil: o listado de material será facilitado en setembro; os posibles libros que se empregasen formarán parte deste listado ao ser considerado material de uso funxible.
Distribuir contido


by Dr. Radut