Skip to Content

CONCURSO DE POESÍA E DEBUXO

Os Equipos de ACEE, Biblioteca e EDLG do CEIP Plurilingüe Bragade convocamos de novo o Concurso de Poesía (para Primaria) e o Concurso de Debuxo (para Infantil) 2024 do cole.

Deste xeito conmemoraremos o Día Mundial da Poesía e o Día Meteorolóxico Mundial, 21 e 23 de marzo respectivamente.

As poesías, que serán en galego, e debuxos deberán versar sobre o tempo meteorolóxico e/ou o cambio climático e faranse nunha cartolina (tamaño folio dinA4), a cal nola podedes pedir.

Haberá 1 premio para cada participante e outro especial por nivel!!!

Ánimo! A concursar!

Límite de entrega: xoves 21/marzo ás 14:30 H.

Entrega de premios: venres 22/marzo

Actividade enmarcada nos programas de innovación educativa “04. EDUsostibilidade” (CONTRATOS-PROGRAMA CPinnova) e “37. Proxectos de innovación en dinamización lingüística” (Plan Proxecta+).

ADMISIÓN e MATRÍCULA NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024/25 (actualizado 29/02/2024)

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: ADMISIÓN NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024/25

SOLICITUDE ORDINARIA DE ADMISIÓN PARA O NOVO ALUMNADO DO 1 ao 20 de marzo de 2024, ámbolos dous inclusive. PDF explicativo PEC coa información premendo a seguinte ligazón na imaxe anterior.

 

PROCEDEMENTO DE ADMISION DE ALUMNADO para o CURSO 2024/2025

Desde o venres día 1 ata o 20 de marzo de 2024 permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024/25, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que desexa cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

 Poden realizar as súas consultas no teléfono 881880509 ou no correo electrónico ceip.cesuras@edu.xunta.gal 

  • Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 25 de abril.
  • Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: 15 de maio.
  • Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 INFORMACIÓN

IMPRESOS

 

MATRÍCULA ESCOLAR E OUTRAS ACTUALIZACIÓNS

  • PRÓXIMAMENTE PUBLICACIÓN 

ENTROIDO 2024 (última act. 09/02/2024)

O Entroido do 2024 achégase!!! E velaquí veñen os mandadiños... Moito ollo ás pistas que nos dá o noso esqueleto do laboratorio, Paquiño, co que nos diga que hai que traer ao CEIP Plurilingüe Bragade. Cada día colgaremos o que nos vaia dicindo.

 

Pero ollo...!!! Este ano Paquiño está moi bromista... Que non vos despisten os debuxos que está baixo o número do día da semana!!!! SÓ HAI QUE FIXARSE NO MANDADIÑO DA POESÍA E NAS FRECHAS QUE SINALAN ÁS CADA PARTE DO ESQUELETO!!! ;)

 

LUNS 05 FEBREIRO 2024

O dous mil vintecatro,

cedo nos trae o Entroido,

e xa o noso Paquiño,

xa che está preparado.

 

Primeiro mandadiño,

para o luns mañanceiro,

algo enriba de todo,

traerás colocadiño.

----------------------------------------------------------------------

MARTES 06 FEBREIRO 2024


Mantén o da cabeza,

non o andes quitando,

e agora outra cousiña,

por colocar comeza.

 

Pensa na xirafiña,

que é o que ten longo,

e xa pos nesa parte, 

que quede curiosiña.

----------------------------------------------------------------------

MÉRCORES 07 FEBREIRO 2024

 

Sempre colocadiño,

na testa e pescozo,

velaquí vén o novo,

ten moito coidadiño.

 

Estes saen do teu tronco,

así que nun ou nos dous,

coloca o que queiras,

con isto vai dabondo.

----------------------------------------------------------------------

XOVES 08 FEBREIRO 2024

 

Paquiño ten obxectos,

no brazo e na cabeza,

tamén no seu pescozo,

e vén o novo atentos.

 

Do tronco para abaixo,

serven pra desprazarte,

maniotas sentirás,

de correr polo patio.

----------------------------------------------------------------------

VENRES 09 FEBREIRO 2024

 

Esquece os mandadiños.

Hoxe hai algo especial,

que dende hai semaniñas,

tes ben preparadiño.

 

Temática de Entroido,

do Entroido de Galicia,

pantallas, peliqueiros,

de todo haiche moitos.

DÍA DA PAZ (31/01/2024)

O pasado 31 de xaneiro conmemoramos no centro o Día da Internacional da non Violencia e da Paz.

Este ano a sorpresa foi por parte do profesorado ao alumnado, quen representou a obra "ELEFANTES GRISES". Seguidamente se interpretaron cancións sobre a Paz e lectura dun libro da Paz en varios idiomas.

 

Vídeomontaxe do alumnado e profesorado sobre a "Canción de la Paz" de Benny Berman.

PAZ

PEACE

سلام /salaam/

МИР /mir/

שָׁלוֹם /shalom/

平和 (へいわ) /heiwa/

 

Posteriormente, todo o alumnado, e moitas familias que se animaron e puideron vir, participamos na 20ª edición de “Kilómetros de Solidariedade” (III para o cole), proposta pola ONG “Save the children”, cuxo obxectivo é axudar a nenas e nenos afectados pola fame en países como Malí ou Muritania. Superamos o reto dos 15 km e recadáronse  máis de 310 eurosr!!!

DÍA INTER. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25/NOV./2023)

Onte, 27/nov./2023, o CEIP Plurilingüe Bragade conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25/nov./2023); nesta ocasión, esta temática traballouse e levouse a cabo a través do conto "PEUGO, O CALCETÍN MELENUDO".

Actividade enmarcada no programa de innovación educativa “05. EMOCIÓNA-T" (CONTRATOS-PROGRAMA CPinclúe).

 

ROSCO Ó RESCATE (21/NOV./2023)

O 21/11/2023 o alumnado do CEIP Plurilingüe Bragade disfrutou da actividade "ROSCO Ó RESCATE - MISIÓN SALVAR A NATUREZA", organizada e levada a cabo por Casa Grande de Xanceda , na cal se tratou sobre como ROSCO nos ensina e fomenta hábitos de sostibilidade, reciclaxe, consumo responsable, etc.

Dende o centro quixéramos, novamente, agradecer enormemente esta iniciativa a Casa Grande de Xanceda que contribúe á concienciación do necesario coidado do medio natural, comezando pola nosa contorna.

O alumnado recibiu un lapis cunha goma cunhas sementes para axudar á polinización das abellas.

Actividade enmarcada no programa de innovación educativa “04. EDUsostibilidade" (CONTRATOS-PROGRAMA CPinnova).

Distribuir contido


by Dr. Radut