Skip to Content

Laboratorio de idiomas

THE LANGUAGES LAB - DAS SPRACHLABOR

O laboratorio de idiomas é unha iniciativa que nace no curso 2020/2021 da Coordinación de Plurilingüismo e do EDLG, dentro do espazo da Biblioteca Escolar.

Trátase dun espazo de 30 minutos dos recreos dos martes (de 12:20 a 12:50) na que o alumnado de Primaria (inscrito voluntariamente no mes de setembro) practica nun ambiente distendido expresións e vocabulario básicos do alemán, relacionándoos co inglés, castelán e o galego, sendo este último o idioma vehicular para as explicacións.

O alumnado é o verdadeiro protagonista deste proxecto, sendo este quen decide, de xeito individual, o/s idioma/s a aprender e a temática a traballar a través deste/s.

Dende final do curso 2020/21 introduciuse o xaponés, con grande éxito, especialmente na práctica e aprendizaxe da grafía do país do sol nacente!

Este curso 2022/2023 como novidade, introduciuse o portugués e contaremos coa colaboración da nosa Intérprete de lingua de signos, Raquel Manteiga, quen se nos ensinará lingua de signos!

O profesorado ao cargo deste proxecto está formado por Alba Martín, Israel Arranz e Andrea Martínez e contan con diferentes acreditacións dos idiomas ofertados, pola Escola Oficial de Idiomas, entre outros.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut