Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
EDLG
XVI MARATÓN FENE LENDO MULLERES
O día 8 o alumnado de quinto participamos no XVI Maratón Fene lendo Mulleres que organiza a Concellaría de Benestar e Igualdade.Escollimos para este día un texto sobre Antía Cal do libro "Mulleres e educación en Galiza.Vidas de mestras" de Aurora Marco e un conto de Nunila López Salamero e Miriam Cameros ao que lle engadimos unha pequena banda sonora.Despois da lectura, convidáronnos a unha merenda saudable e aproveitama para visitar a exposición da artista fenesa Carme Romero "Meigas, sabias e mulleres boas". Eso sí, antes de marchar, na biblioteca do noso centro fixemos o noso Centieiras lendo Mulleres para todos os nosos compañeiros e compañeiras. Foi unha xornada completa!!!
TEATRO: "A MESTRA TOMASA..."
Este martes a compañía Duende Sico representou na biblioteca do noso cole a obra "A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo".Divertímonos moito!!.
CANTOS ANOS PASARON!!!
Dende que se fixeron estas fotografías pasou moitísimo tempo ....aínda que estas indianas e estes indianos parécense bastante a nós...ou non?
ENTROIDO 2017: OS INDIANOS DE CENTI
Un ano máis os alumnos e alumnas celebran o Entroido e enchen as rúas de Fene coas súas cancións.
"CONSTRUÍNDO PONTES": A CHEGADA DA ELECTRICIDADE.
Hoxe viñeron ao cole un grupo de avós do programa de recuperación da memoria histórica de Fene "Construíndo pontes".Contáronlle ao alumnado de quinto e sexto como era a vida antes de que chegara tanto a luz como os aparellos eléctricos e como foi cambiando co paso do tempo.A charla foi moi interesante e temos que darlle as grazas aos avós por visitarnos e por explicarnos tan ben e con tanto cariño retallos da súa infancia.
O APALPADOR
Hoxe tivemos unha visita moi especial :o Apalpador. Os nenos e nenas de 6º de E.I e 1º e 3º de E.P poideron coñecelo en persoa. Que sorte!!!!
DECORAMOS PASOS DE PEÓNS
O luns 28 de novembro todo o colexio foi decorar os pasos de peóns con diferentes slogans contra a violencia de xénero
.
OS INDIANOS DE CENTIEIRAS
Hoxe no colexio fixemos unha viaxe ao pasado.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- seguinte ›
- última »