Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

O FURANCHO DE EF

III Campus de Nadal

 

 

Compártovos por aquí a información que nos fixeron chegar hoxe:

III Campus de Navidad do 27 ao 31 de decembro do 2021 en horario de 10:00 a 14:00h

Tedes toda a información na foto de abaixo Risa

Inicio dun novo curso!!!!

Ola raparigos e raparigas!!!

Aquí estamos un ano máis para dar guerra ao noso corpo por medio da eduación física. Estreamos o noso blogue neste curso cunha actividade deportiva de remo que se oferta no concello de Ares. Xa sabedes que todo do que me vaia chegando iréivolo comunicando por esta canle para o voso coñecemento e o das vosas familias. Lembrade que temos que potenciar moito a nosa actividade física e non só dentro do horario escolar.

Desexo que sexa do voso interse e vémonos nas aulas, no ximnasio, no pavillón, polos corredores... Guiño

A búsqueda do tesouro co proxecto LUPO!!!

A través dun Proxecto de Inovación Educativa, chamado LUPO e no que está inmerso todo o colexio, desde a área de Eduación Física contribuímos por medio do xogo da "Búsqueda do Tesouro". Este proxecto está basado nun estudo arquitectónico para analizar o centro e os seus arredores tratando de extraer ideas e deste xeito, inentar facer modificacións a grande escala. Neste proxecto está inmerso non só o alumnado, profesorado, familias, senón tamén o concello e outras empresas da contorna que se accedan a colaborar.

Desde a área de Eduación Física levamos a cabo un traballo interdisciplinar coa área de Matemáticas e de Ciencias Sociais, xa que con este xogo o que estabamos a buscar era que o alumnado aprendera a manexar un plano de toda a superficie que ocupa o centro educativo. Previamente traballáronse en cada aula outros aspectos relativos, como sería as escalas, a orientación dun plano...

Adaptouse o xogo en función das diferentes idades, e deixouse un tempo máximo para tratar de atopar as diferentes pistas (palabras). Deste xeito tiñan que andar a présa porque o tempo esgotábase. Ao remate tiñan que unir todas as pistas (4) e formar unha oración relaciónada coa SAÚDE.

A actividade foi todo un éxito por ambas partes, polo apartado físico e pola aprendizaxe que buscabamos con ese traballo interdisciplinar. Deixámosvos un ENLACE para ver máis fotos da actividade.

APRENDENDO O DEPORTE DO VOLEIBOL

Ao longo do curso fixemos varias cousas e entre elas foi a de coñecer e tomar contacto cun deporte de equipo, o voleibol. Démonos de alta nun programa educativo chamado "Pequevoley", promovido pola Federación Española de Voleibol. Inscribímonos, pagamos 50€ e mandáronos un kit deportivo composto de varias cousas, entre elas, as seguintes: unha rede de minivolei, dez balóns, petos, unha bolsa para transportar os balóns, un CD interactivo e explicativo... unha gozada.

Fixemos varias sesións tratando de que o alumnado do 3º ciclo tivera un coñecemento máis próximo ao redor deste deporte. Unha mágoa o non poder empregar a rede por falta de postes, porque de seguro, lles sería máis motivante. Esperemos para o ano poder empregala.

   

 

Ruta en KAYAKS pola ría de Ares

 

O pasado luns, 15 de xuño de 2021, os grupos de 5º, 6ºA e 6ºB de educación primaria, levamos a cabo unha xornada lúdico-deportiva nos arredores da praia da Madalena, no concello de Cabanas.

Poidemos desfrutar dunha serie de actividades deportivas grazas ao Clube CabanasKDM, que foi o encargado de dirixir as actividades. O tempo atmosférico foi estupendo para que os rapaces, rapazas e profesorado que acompañaron a saída, desfrutaran o máximo deste día.

Alí realizaron diversas actividades entre as que se atopan: ruta en kayaks pola ría, andaina de senderismo pola cosa até a pequena praia de Chamoso, diversos xogos na area, e tempo libre para poder darse un pequeno chapuzón. Posteriormente dispuxémonos a xantar até que o autobús nos recolleu para tornar ao colexio aí das 17h.

Unha experiencia fantástica para repetir todos os anos!!!

Deixámosvos un ENLACE para poder visualizar o realizado neste día.

Distribuir contido