Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

O FURANCHO DE EF

FESTA DO DEPORTE ADAPTADO

Ola, familias e alumnado!

Adxúntovos información relativa á FESTA DO DEPORTE ADAPTADO FENE 2023. Unhas xornadas teórico - prácticas ao redor da práctica deportiva dentro do ámbito funcional e organizada polo concello de Fene maila "ASCM Galicia".

Desexo que sexa do voso intererese.

 

XORNADAS DE ATLETISMO DIVERTIDO!!!

Ola, familias e alumnado!

O pasado martes, mércores e xoves (18, 19 e 20 de marzo) tiveron lugar un ano máis, as xornadas de Atletismo Divertido por medio de XOGADE e o concello de Fene. Como o tempo acompañounos en todo momento favoreceu que poideramos empregar as instalacións deportivas de atletismo no lugar do Pazo, en Barallobre. Alí comapartimos experiencias durante tres días con outros rapaces e rapazas de todos os colexios de educación primaria do concello de Fene. Trátase dunhas xornadas de convivencia onde hai un pequeno grao de competitividade (san loxicamente) e cuns elementos fundamentais, o deporte como eixe vertebrador para facer exercicio, adquirir valores que nos forman como boas persoas e o divertimento. Poidemos desfrutar de varias disciplinas deportivas onde os rapaces e rapazas demostraron ser uns campións e campionas. Así practicaron varias disciplinas como por exemplo: lanzamento de xabelina, lanzamento de pelota, salto lateral a pés xuntos, salto a pés xuntos, salto con carreira previa, salto de tesoira, carreiras de velocidade, carreiras de relevos, carreira de relevos en gymcana... O alumnado pasouno xenial e o máis importante, trataron de facelo o millor posible dentro das posibilidades que ten cada un.

PARABÉNS a todos e a todas!!! 

 

 

CAMIÑO Á FAMA 1º CICLO GRUPAL

Ola familias, ola rapazada!

Retomamos, á volta das vacacións, a tarefa coreográfica que estamos a desenvolver ao longo deste curso e que tanto éxito e acollida está a ter. Desta vez é unha coreografía grupal a cargo do alumnado de 1º e 2º de educación primaria. Para esta ocasión escolleron a canción "Libertad", de Nil Moliner. Outro exitazo!!!

Tamén vaivos o traballo individual feito pola nosa alumna de 1º, Andrea, que por motivos de saúde non poido estar físicamente connosco pero sí dalgún xeito representando a mesma canción. Marabilloso Andrea, fixéchelo xenial!!!

 

 

 

CAMIÑO Á FAMA 2º CICLO GRUPAL

Ola de novo, rapazada e familias!

Unha nova entrega coreográfica de Camiño á Fama, realizada conxuntamente este pasado venres, entre o grupo de terceiro e cuarto de primaria. Desta vez representaron un remix de películas de Disney entre as que se atopan, "Quiero ser como tú" (O libro da selva), "Un poco loco" (Coco), etc. Outro acontecemento marabilloso. Deiquí sae algún verdadeiro/a artista, dígovolo eu!!!

 

 

 

ACTIVIDADE DEPORTIVA SEMANA SANTA

Ola rapazada!

Déixovos por eiquí a información que me chegou dunha oferta deportiva para poñer en práctica nas vacacións de Semana Santa se vos interesa. É sobre deportes de auga, e máis concretamente, cursos de iniciación ao piragüismo por medio do CLUBE CABANAS KDM, do concello veciño de Cabanas. Desexo que sexa do voso agrado e anímovos a que acudades, pois estou seguro que vaivos molar moito. Xa me contaredes.


CAMIÑO Á FAMA 5º EP

Ola rapazada, ola familias!

Unha semana máis deixámosvos por eiquí a coreografía da actividade CAMIÑO Á FAMA realizada este pasado venres polo alumnado de 5º de educación primaria. Desta vez interpretan a banda sonora orixinal da película, "Cazafantasmas". Desexamos que vos goste tanto como a nós. Parabéns polo traballo realizado.

 

CAMIÑO Á FAMA 6ºA-6ºB

Ola rapazada, ola familias!

Aquí deixámosvos un novo vídeo da coreografía montada polo noso alumnado dentro da actividade... "CAMIÑO Á FAMA". Comezamos unha nova volta onde pasarán de novo tódolos grupos do colexio. Desta vez son, de xeito grupal, os dous cursos de sexto de primaria os encargados de iniciala. Desexámosvos que vos goste pois fixérono simplemente, XENIAL!

 

CAMIÑO Á FAMA 4ºEI

Ola rapazada, ola familias!

Desta vez ensinámosvos o baile desenvolvido o venres pasado por parte do alumnado de 4º de educación infantil, os máis pequerrechos/as do colexio, polo que se cabe cobra todavía máis mérito. Estiveron algo tímidos pero dentro da súa lóxica fixérono XENIAL!!! Interpretaron a canción titulada... "O pitiño amareliño".

Aí vos vai!

 

CAMIÑO Á FAMA 5º EI

Ola rapazada, ola familias!

Desta vez é o grupo de 5º de educación infantil os encargados de deleitarnos con esta coreografía tan marabillosa. Para elo empregaron a canción chamada... "O baile da formiga". Puro espectáculo!!! PARABÉNS a todos e todas, ao igual que a súa mestra polo traballo previo realizado.

 

CAMIÑO Á FAMA 6 EI

Ola rapazada e familias!

Hoxe presentámosvos a coreografía realizada o venres pasado polo alumnado de sexto de educación infantil versionando o tema de "FAME" de Uxía Lambona e a Banda Molona. Puro espectáculo!!!

Ata a vindeira coreografía...

 

Distribuir contido