Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

CENTI AGÁRDAVOS NA BIBLIOTECA

Un polbo de ollos agarimosos nos recibe.Aquí hai risas,aventuras,medos,tenruras...millóns de historias.Atoparás á aviadora,ao coello no calcetín,ao merlo larpeiro,ao dragón,á pirata,ao bombeiro...e tamén bailaríns,monstruos,aventureiros...Queres coñecelos?Ven a coñecer todos os mundos posibles.Todos están na túa Biblioteca.Ven.

NA CLASE DE MÚSICA

Hoxe tivemos clase de música.Que ben o pasamos!!!

XA ESTAMOS AQUÍ!!!!

Encontros,risas,recreos,contos...e tesouros!!! Os nosos e nosas "veteranas" de E.I medraron tanto,tanto....

EDUCACIÓN INFANTIL

Compartindo coas familias desde o primeiro día.

COMEZAMOS!!!!

Ultimando preparativos para recibirvos.BO CURSO!!!

REUNIÓN CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL 2017/2018

O vindeiro venres 8 de setembro ás 10:00h da mañá terá lugar, na biblioteca do centro, unha reunión informativa xeral para todos os pais e nais que teñan alumnos ou alumnas escolarizadas nesta etapa.

Posteriormente cada curso subirá á súa aula correpondente para recibir información específica da súa titora.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO LIBROS

As datas para a reclamación son o 17 e 18 de xullo. As listaxes definitivas sairán o día 20 de xullo.

AVISO PARA AS FAMILIAS

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO MES DE

 

XULLO

 

 

 

ATA O 14 DE XULLO DE LUNS A VENRES DE 10:00 A 13:00H.

 

 

 

LUNS 17, MARTES 18 E MÉRCORES 19 DE XULLO DE 10:00 A

13:00H.

 

 

 

MÉRCORES 26, VENRES 28 E LUNS 31 DE 10:00 A 13:00H.

 

 

 

Xa están a disposición das familias os vales de material e para a

 

adquisición de libros de texto.  Se o titular do vale non pode vir

 

é necesario unha autorización firmada por dito titular para a

 

persoa que veña.

 

A recollida poderase facer no horario anterior.

 

                                                                                        A dirección.

 

 

 

BOMBEIROS

Por fin temos as fotos da visita ao Parque de Bombeiros de Ferrol!!!!Eran tantas...do camión,dos cascos,da escaleira,da barra pola que baixan nas urxencias,das súas habitacións,...e sobre todo da ESCUMA!!!. Grazas por atendernos e ensinarnos tantas cousas.É grazas sobre todo ao papá da nosa Sara!!!


DESPEDIDA AO ALUMNADO DE 6º E.P

Neste vídeo, feito por Beatriz, podemos disfrutar do percorrido dos alumnos e alumnas de 6º de E.P  dende que empezaron no cole en E.I ata agora.Sorte na nova andaina!!!

 

 

GRADUACIÓN 6º E.I

As nenas e nenos de 6º de E.I fixeron unha gran festa para celebrar a graduación. Noraboa!!!


FESTIÑA

E despois de tanto TRABALLO...unha festiña con globos e gusanitos!!!

Distribuir contido