Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

BUF!!! CANTO TRABALLO!!!

Hoxe desmontamos o noso horto.Recollimos as vallas,o cartel e o espantallo.O próximo curso montarémolo outra vez!!!

Á AUGA PATOS!!!!

Despois ,directamente a xogar á fonte.Foron empapad@s para casa...e algunha vestida de princesa dós disfraces das aulas...Divertidisimo!!!!



Ahhhhh e as e os maiores sumáronse á "festa"

NEVEIRIÑA

Hoxe ía tanta calor que nos convertimos en tomates,peixes,froitas,zumos... e nos estiramos na "neveira" do vestíbulo.Puxémonos de barriga,de espalda,de nariz....Que fresquiño!!!


PINTANDO

Pintando na entrada do cole....que sairá de aí???

COLLEITA

Por fin recollimos as nosas leitugas!!! Van a estar riquísimas!!!


A MÁQUINA DE SUMAR

Sumando, sumando e contando,contando...as nenas e nenos de tres anos manexan con total soltura a Máquina de Sumar!!!

          

INAUGURACIÓN DO MURAL DA BIBLIOTECA

Inauguramaos o mural da biblioteca feito polo alumnado de pintura baixo a dirección de Leandro Lamas coa asistencia de Irene autora da idea inicial da mascota Centi.Tamén gozamos da representación da obra "Ver para creer" por parte das nenas e nenos de teatro.

EDUCACIÓN VIARIA EN E.I

As nenas e nenos de E.I visitaron o Parque de educación vialde Fene.

LECTURA SILENCIOSA

Ou....Lectura deliciosa

FACENDO COMUNIDADE

Hoxe convocounos a ANPA para pintar o parque infantil.Moito traballo de maiores e pequen@s nunha mañá máxica de entendemento, complicidade,sorrisos, sudores...e COMIDA.O resultado é óptimo!!!. Grazas familias!!!


ENTREVISTA

Hoxe, Alba,Emma e Pablo viñeron facer unha entrevista á clase da porfe Silvia.Agora van contar na radio todo o que fixemos na excursión ao Muíño de Pedroso:chourizos,sal de baño,busca de pegadas,xogar a Simón,o pano...

Día da AUGA

Mañá temos o día da AUGA en E.I. De momento a mamá e o papá da nosa Belén trouxéronnos unha piscina enooooorrrrmeee.

      

Distribuir contido