Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

MATES EN FAMILIA

Grazas a Marta, a mamá de Irene, a Andrés, o avó de Antía, a Lolín, a tía de Antía, a Silvia, a mamá de Ariadna e a Miguel o papá de Ariadna....e como sempre á nosa profe Alba.

ESCULTURAS

Rematando o proxecto das esculturas...aí están os resultados!!!

MUSEO DO HUMOR

Visitamos o Museo do Humor con Almudena. Ensinounos moitísimas cousas e foi moi divertido.Ademáis vimos as esculturas do Galego  e de Xaquín Marín.


Día do Peón!

Ademáis do Magosto no mes de Novembro tamén celebramos o Día do Peón!

Como di o refrán... polo San Martiño, peóns no camiño!!    


    

e    

OUTROS XOGOS

Pintando no chan para pasar outros recreos...


ESCULTURA COS TESOUROS

Xa temos a nosa escultura feita cos tesouriños que trouxemos do verán.Que ben nos quedou!!!

E grazas MARCIAL por facernos a base!!!

Talleres de Magosto

Os nenos e nenas do taller de fotografía de primario realizaron estas magníficas fotos dos diferentes talleres realizados o día de hoxe para conmemorar o Magosto: millo, estampado, fotografía infantil, árbore con estampación, mandalas con froitos de outono, cestos para as castañas, letras, árbore de fieltro, mural, pedras, grilanda, mandalas de primaria e zonchos. Por un fallo técnico non hai fotos dos talleres de "mural" e "zonchos" pero si do seu resultado! 
 
 

"A casa da nena", conto gañador do noso concurso de contos de medo!

Se queredes ler o conto, premede enriba.

 

Grazas Eva!!

 

Aquí vos deixamos outros contos que foron preseleccionados:


DECENAS DE CASTAÑAS

Con castañas cocidas contamos decenas,axudandonos dos dez dedos dos pés e os dez das mans, fixemos formas,aprendimos como son....toda unha experiencia!!! E por riba xogamos á bruxa Ladroa!!!!!

O SISTEMA SOLAR

Os nenos/as de quinto estivemos investigando sobre os planetas. Aprendemos moitas cousas novas e quixemos compartilas cos máis pequenos.

 



Exposición de cabazas e froitos de outono

Grazas a colaboración das familias montamos estas estupendas exposicións no noso colexio!
 

Concurso de debuxos e contos de medo!!

Aquí tedes os debuxos feitos por Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria!

Tamén podedes ver a Eva (6º de Primaria), a gañadora do concurso de contos, que nos deleitou hoxe cunha terrofíca lectura!!!

Proximamente o poderedes ler na web!

 

Halloween Arts & Crafts

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria axudaron a ambientar o colexio con estas portas feitas nas Seccións bilingües. Meten un pouco de medo pero encántannos!
Por outra banda os pequenos e pequenas de 1º e 2º de Primaria fixeron arañas e bruxas!
 
Distribuir contido