A Cetaría López Novoa é un viveiro de marisco de auga climatizada na que hai todo tipo de marisco da ría de Vigo e logo visitamos a empresa de Frigoríficos de Vigo que se dedican á fabricación e venta de xeo de escama.
Visita ao submarino Nautilus que esta dotado de cámaras de gravación submarina 24 horas ao día, ye permite contemplar tanto a flora como a fauna que rodea o litoral portuario e despois tivemos un catering mariñeiro
Un gran evento de promoción das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas en Galicia Trátase dunha excelente ocasión para coñecer o potencial das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia, xa que se contará con material expositivo e actividades interactivas de: arte dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música. Haberá tamén concertos, conferencias e espectáculos escénicos
O 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG) que chega á súa 60 edición rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego
É un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre as nenas e nenos de nosa comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.
O programa ten dúas liñas de acción. Por unha banda un obradoiro que vai percorrendo centros de nosa comunidade con diferentes actividades que dan a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar. E por outro lado, excursións a distintas localizacións mariñeiras onde coñecen de primeira man este marabilloso mundo do mar e poden degustar algúns de ditos productos.
"Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado.
Seguimos coas familias lectoras, este xoves 11 de maio nos visito Rita, a nai das nosas alumnas Carmen e Claudia, GRAZAS por compartir con nós a lectura en familia