ADEUS SETEMBRO
Os máis peques do cole dinlle adeus a Setembro, un mes de novos comezos, de benvidas, de reencontros e de novas amizades.
Por iso, mostrámosvos un pedaciño do que foi un mes especial.
Coñecemos aos compañeiros, compartimos quenes somos, vámonos coñecendo a nós mesmos pouquiño a pouquiño e damos a benvida ao... OUTONO.
Actividades manipulativas, discriminativas, de intelixencia emocional, de lóxica-matemática, de lectoescritura e creativas deixaron unha pegadiña en todos nós.
![ADEUS SETEMBRO ADEUS SETEMBRO](https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarmengarcia/?q=system/files/images/383956404_1388944678636121_7757301277542768961_n.preview.jpg)