Bos días familias,
que tal estades? Agardamos que esteades todos ben e que pouquiño a pouco as cousas vaian mellor.
Aquí vos deixamos as propostas de tarefa para esta semana, ata o xoves, xa que o venres é festivo.
É importante que o alumnado de primaria nos mandedes aos correos que figuran nos documentos fotos do traballo dos nenos e nenas, para que nós teñamos constancia de que están facendo as tarefas. Nos pdf vanvos os correos aos que debedes mandalos a finais de semana.
Ademais, para esta semana ímosvos a pedir dúas cousas.
1. Que os que queirades nos mandedes por correo electrónico (ceipcarmengarciacarrasco@gmail.com) ou por facebook, ou teléfono... fotos (5 como máximo) e/ou vídeos dos vosos fillos e fillas para con elas montar un vídeo e que o alumnado se poida ver entre eles.
2. Que os nenos e nenas que lles apeteza se animen e participen nesta proposta que aquí vos deixamos na que terán que construír un semilleiro . Na imaxe vanvos algunhas propostas. Por suposto agradecemos tamén que nos enviedes fotos para poder montar con ela algo e que vexan as do resto.
Tarefas por cursos e proposta actividade
- Infantil
- 1º primaria
- 2º primaria
- Música
- Semilleiro
-Inglés para toda primaria
-4º primaria
-5º primaria
-6º primaria
Para as actividades de Educación Física desta semana será necesaria a colaboración dos pais. Os seguintes documentos que se adxuntan a continuación só poderán ser lidos polos adultos, xa que aparecen claves "secretas" dos xogos.
-Educaicón Física Infantil, 1º e 2º
-Educación Física 4º, 5º e 6º