Skip to Content

As nosas actividades na Biblioteca

Charla da Discapacidade COGAMI

Os nenos e nenas de Cenlle tivemos unha charla sobre a discapacidade, na que fumos capaces de sentir o que é estar enriba dunha cadeira de rodas, e sentir de primeira man o que pode sentir unha persoa que non pode ver.

APOIAMOS á labor de COGAMI que ten como misión conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción do seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servicios que satisfagan  as súas necesidades e expectativas.

 

Día das Bibliotecas

Este ano celebramos o día da Biblioteca no nova Biblioteca de Cenlle, onde sacamos libros de préstamos e disfrumos da lectura con Fátima Fernández, un gran día

ROBOTICA cenlle

Comenzamos nuestras clases cun novo compañeiro de clase, esta vez estos pequeños robots nos ensinaron a debuxar, deletrear e xogar todos juntos

Día do libro

Hoxe, 23 de abril, conmemórase o día do libro, pero desta vez é algo diferente porque non se regalan rosas, non hai postos de libros nas rúas, nin podemos celebralo no cole. 

Aínda así, dende Biblioteca compartímosvos un conto dunha maga que seguro vos soará! Velaquí vos deixamos o enlace https://www.youtube.com/watch?v=2wUerrvZ_gE

Unha aperta grande

Día das Bibliotecas: inauguración!

Hoxe celebramos no cole o Día das Bibliotecas Escolares dunha forma moi especial, coa inauguración da nosa nova biblioteca!!!! 

Temos o gusto e a ilusión de presentarvos a nosa nova biblioteca, na que hai espazos para lectura, traballo en grupo, xogo, novas tecnoloxías, busca de información, creatividade, diversidade... Así dá gusto ir a ler!

Ademais, tivemos a sorte de poder desfrutar coa visita do profe Pablo, que hai dous cursos estivo no cole con nós. Agradecemos un montón a súa visita e a de Raimunda, o seu novo libro que hoxe compartiu con nós. Agardámoste prontiño de novo, profe Pablo!

Velaquí vos deixamos algunhas fotiños,e se queredes ver máis fotos FAI CLIC AQUI

Mochilas viaxeiras!

A pasada semana puxemos en marcha as nosas bolsas e mochilas viaxeiras cargadiñas de libros que chegarán ata as casas de todo o noso alumnado. 

Agardamos que desfrutedes moito da lectura dos tesouros que levan gardados! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut